Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

martes 24 de outubro de 2017

Pontevedra mobilizarase polo seu futuro industrial

  • Manifestación o vindeiro 10 de novembro, ás 20 h, desde a praza da Ferrería
  • CCOO reivindica para Galicia o investimento tecnolóxico do grupo CUF, baseado en emprego industrial estable e de calidade

Hoxe tivo lugar unha reunión entre o comité de empresa de Elnosa e os secretarios xerais do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento, o secretario xeral de CCOO-Industria, Víctor Ledo, e o secretario xeral da Unión Comarcal de Pontevedra, José Piñeiro.

CCOO mobilizarase polo futuro industrial de Pontevedra

CCOO mobilizarase polo futuro industrial de Pontevedra

Nesta xuntanza estableceuse un calendario de reunións e actos previos á celebración dunha manifestación o vindeiro 10 de novembro, en demanda dun futuro industrial para a comarca da Pontevedra, baseada en postos de traballo estables e de calidade. A marcha partirá ás 20 h da praza da Ferrería.

Na reunión tamén se adoptou o acordo de instar o grupo industrial CUF, propietario de Elnosa, a formalizar coa representación legal dos traballadores un acordo de mantemento e estabilidade do emprego directo e da industria auxiliar. Este acordo hase vincular ao plan de mellora tecnolóxica e investimentos —que se atopan en proceso de asignación das licenzas pertinentes.

A electroquímica Elnosa dispón a día de hoxe de 64 traballadores con contrato indefinido, do entorno de cen traballadores de distintas empresas subcontratistas —pero que prestan o servizo de forma estable nas súas instalacións—, amais do emprego inducido nun número importante de transportistas.

Debido á prohibición comunitaria de manter a produción de cloro con mercurio, a planta de Elnosa deixará de producir o vindeiro 11 de decembro. A partir desa data, existe o compromiso tácito de manter o emprego e dedicarse exclusivamente a producir hipoclorito —lixivia— e aos traballos de desmantelamento e descontaminación das instalacións vinculadas ao esquema de produción anterior.

Pontevedra mobilizarase polo seu futuro industrial

martes 24 de outubro de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Pontevedra - Actualidade