Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Primeiro de Maio - #TempoDeGañar

venres 24 de novembro de 2017

Centos de delegados e delegadas de CCOO e UGT concentráronse pola recuperación de salarios, emprego e dereitos no sector público

A Área Pública de CCOO e a FeSP-UGT iniciaron este venres unha campaña conxunta de mobilizacións baixo o lema «Agora: salarios, emprego público e dereitos». A primeira acción reivindicativa tivo lugar esta mañá e consistiu en concentracións de delegadas e delegados fronte á Delegación do Goberno na Coruña e as Subdelegacións de Lugo, Ourense e Pontevedra.

Concentración fronte á Subdelegación do Goberno en Pontevedra

Concentración fronte á Subdelegación do Goberno en Pontevedra

Debido a que os Executivos estatal e autonómico levan máis dun ano afirmando que a economía se recupera, UGT e CCOO coidan que é o momento de lles devolver ás empregadas e empregados públicos os dereitos arrebatados coa escusa da crise: desde o 2010, máis de 16.000 empregos destruídos no sector público e unha perda media de poder adquisitivo do 13%.

Por esta razón, os sindicatos esixen a volta á negociación colectiva nas Administracións públicas para abordar cuestións como xornadas, incapacidade temporal, saúde laboral, igualdade, formación ou acción social. Todo isto debería ter efectos nos orzamentos para o 2018.

CCOO e UGT piden que o Acordo para a mellora do emprego público, asinado en marzo deste ano, e o Acordo de Estabilidade, asinado en outubro coa Xunta, se amplíen para permitir a recuperación do emprego perdido desde o 2011, non só para reducir a precariedade e a temporalidade nas Administracións públicas.

Por último, UGT e CCOO lembran que a defensa dos dereitos das empregadas e empregados públicos é unha prioridade na acción sindical de ambas as organizacións, tanto polo que significa en termos de condicións laborais como pola necesidade de reforzar os servizos públicos e así mellorar a calidade de vida da cidadanía.

Centos de delegados e delegadas de CCOO e UGT concentráronse pola recuperación de salarios, emprego e dereitos no sector público

venres 24 de novembro de 2017

Ligazóns de interese relacionadas

CCOO e UGT inician unha campaña conxunta para esixir a recuperación de emprego e dereitos no sector público
Galería de imaxes

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ourense Valdeorras - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Lugo - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Pontevedra - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia