Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Primeiro de Maio - #TempoDeGañar

xoves 14 de decembro de 2017

Convocada por CCOO e UGT

Ampla representación de Galicia na manifestación estatal pola recuperación dos dereitos no sector público

Unha ampla representación de Galicia participou este xoves en Madrid na manifestación convocada por CCOO e UGT para esixir a recuperación dos dereitos económicos e laborais das empregadas e empregados públicos. Este foi o punto culminante dunha campaña reivindicativa que comezou hai un mes, impulsada polas federacións da área pública das dúas organizacións.

Ampla representación de Galicia nesta manifestación

Ampla representación de Galicia nesta manifestación

CCOO e UGT de Galicia lembran que os Gobernos galego e estatal levan máis dun ano afirmando que a economía se recupera. Por esta razón, coidan que é o momento de lles devolver ás empregadas e empregados públicos os dereitos arrebatados coa escusa da crise: desde o 2010, máis de 16.000 empregos destruídos no sector público e unha perda media de poder adquisitivo do 13 %.

Esixen a volta á negociación colectiva nas Administracións públicas para abordar cuestións como xornadas, incapacidade temporal, saúde laboral, igualdade, formación ou acción social. Todo isto debería ter efectos nos orzamentos para o 2018.

CCOO e UGT piden que o Acordo para a mellora do emprego público, asinado en marzo deste ano, e o Acordo de Estabilidade, asinado en outubro coa Xunta, se amplíen para permitir a recuperación do emprego perdido desde o 2011, non só para reducir a precariedade e a temporalidade nas Administracións públicas.

Por último, UGT e CCOO lembran que a defensa dos dereitos das empregadas e empregados públicos é unha prioridade na acción sindical de ambas as organizacións, tanto polo que significa en termos de condicións laborais como pola necesidade de reforzar os servizos públicos e así mellorar a calidade de vida da cidadanía.

Ampla representación de Galicia na manifestación estatal pola recuperación dos dereitos no sector público

xoves 14 de decembro de 2017

Ligazóns de interese relacionadas

'Gaceta Sindical' con información sobre a manifestación [PDF]
Folla informativa que se repartirá na manifestación [PDF]

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia