Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Primeiro de Maio - #TempoDeGañar

xoves 11 de xaneiro de 2018

Os sindicatos denuncian a situación destes dous traballadores, que levan catro anos agardando por un indulto que o Goberno español se nega a conceder

Concentración diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra a prol do indulto para Carlos e Serafín

  • CCOO, UGT e CIG lembran que defender a clase traballadora non é delito

CCOO, UGT e CIG concentráronse esta mañá diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra. Os sindicatos amosaron así o seu apoio a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, que levan catro anos agardando por un indulto que o Goberno español se nega a conceder.

Fotografía da concentración

Fotografía da concentración

Carlos e Serafín foron condenados a tres anos de cárcere após identificalos a policía como integrantes dun piquete informativo na folga do transporte de mercadorías da provincia de Pontevedra do ano 2008. Para os sindicatos, estes dous traballadores, que unicamente defendían melloras no convenio colectivo que se estaba a negociar, son vítimas da represión contra todas as persoas e movementos sociais que, no libre exercicio de dereitos fundamentais, se opoñen ás políticas antisociais do Goberno.

Catro anos despois da condena, o Goberno español négalles o indulto. Os sindicatos tamén critican a actitude da subdelegada en Pontevedra, que leva meses negándose a atender as peticións das tres organizacións que urxen unha solución.

Concentración diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra a prol do indulto para Carlos e Serafín

xoves 11 de xaneiro de 2018

Áreas temáticas relacionadas

O teu sindicato - Unións Territoriais - Pontevedra - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia