Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Primeiro de Maio - #TempoDeGañar

venres 26 de xaneiro de 2018

CCOO concentrarase en defensa de pensións dignas

  • O luns 29 en Ferrol e o martes 30 na Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Vigo

A Federación de Pensionistas e Xubilados de Galicia convoca para os próximos luns e martes concentracións en defensa de pensións dignas. O sindicato fai un chamamento ao colectivo de persoas pensionistas e xubiladas, e á sociedade en xeral, para participar nas mobilizacións. A FPX-CCOO asegura que o sistema público de pensións é «perfectamente sostible», malia que sexa necesario reforzar a súa estrutura de ingresos.

Relación de concentracións convocadas por CCOO

Relación de concentracións convocadas por CCOO

Para CCOO, a fonte de financiamento que mellor pode garantir un bo sistema de pensións «é a creación de máis emprego e que este sexa de calidade». Para iso, cómpre mellorar a produtividade dos factores de produción, transitando cara a un modelo de crecemento baseado na innovación, pero sen deixar de impulsar, desde os orzamentos públicos, actividades intensivas en man de obra e que xeren oportunidades de emprego para todas as persoas desempregadas, ao tempo que se atenden necesidades da sociedade.

O Goberno renunciou a adoptar medidas que aumenten os ingresos do sistema público das pensións. Ademais, sobreutiliza o Fondo de Reserva mediante a suspensión dos límites máximos de disposición que prevía a lei, dando lugar ao seu consumo anticipado.

Do mesmo modo, a reforma de pensións imposta unilateralmente en 2013 busca reducir a medio e longo prazo o gasto en pensións pola vía da diminución do poder adquisitivo das pensións. «Isto condúcenos ao colectivo de pensionistas e xubilados a unha perda moi significativa da nosa pensión», alerta Carlos Mella, secretario xeral da FPX-CCOO.


Concentración o luns, 29 de xaneiro

— Ferrol: ás 11:30 h, diante do edificio da Xunta


Concentracións o martes, 30 de xaneiro

— A Coruña: ás 12 h, diante da Delegación do Goberno
— Santiago: ás 12 h, diante do INSS (Galeras)
— Lugo: ás 11:30 h, diante do INSS
— Ourense: ás 11:30 h, diante do INSS
— Pontevedra: ás 11:30 h, concentración diante do INSS (Gagos de Mendoza)
— Vilagarcía de Arousa: ás 11:30 h, diante do Concello
— Vigo: ás 11 h, diante do INSS de Coia


 

CCOO concentrarase en defensa de pensións dignas

venres 26 de xaneiro de 2018

Documentos relacionados

Cartel cos lugares e horas das concentracións [PDF]

Áreas temáticas relacionadas

O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ourense Valdeorras - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ferrol - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Lugo - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Pontevedra - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Arousa - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade
O teu sindicato - Federacións Nacionais - Pensionistas e Xubilados - Actualidade