Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

xoves 8 de marzo de 2018

Comisións Obreiras e a Fundación 10 de Marzo homenaxean a Olga Zurrón, Emilio Pérez Touriño e Aurelio Ledo

O sábado, 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, Comisións Obreiras e a súa Fundación entregan os Premios 10 de Marzo. Será nun sinxelo acto que terá lugar a partir das 13 horas no Auditorio Torrente Ballester (Ferrol). Estes galardóns recoñecen traxectorias en defensa dos dereitos laborais e a loita polas liberdades.

CCOO e  F10M homenaxean traxectorias en defensa dos dereitos laborais e a loita polas liberdades

CCOO e F10M homenaxean traxectorias en defensa dos dereitos laborais e a loita polas liberdades

Biografías das persoas homenaxeadas

Aurelio Ledo Estévez

Naceu en 1945 no barrio ferrolán de Caranza. Aos 14 anos ingresou na Escola de Aprendices de Bazán. Desde o primeiro día, decatouse de que, para cambiar as cousas, era necesario loitar. En 1972 comeza a participar activamente en CCOO e o PC. En 1975 é elixido por vez primeira delegado sindical. Participou o ano seguinte na Asemblea de Barcelona de CCOO. O seu labor sindical levouno a ser responsable local e provincial do sector do metal. Tamén foi membro da Executiva Nacional de CCOO de Galicia.

Olga Zurrón Ocio

Nada en 1949 en Redondela, participou desde moza nas reivindicacións sindicais. En 1972, con pouco máis de vinte anos, participou nunhas eleccións do sindicato vertical para o ámbito do ensino, dentro das listaxes consensuadas por forzas como CCOO. Mantivo dende entón unha longa tarefa dentro das Comisións Obreiras, sindicato ao que nunca deixou de pertencer. A súa militancia impediulle levar unha vida «normal», pero nunca se arrepentiu das decisións tomadas.

Emilio Pérez Touriño

Nado na Coruña en 1948. En 1967 desprazouse a Santiago para estudar Económicas. Daquel curso convulso e de forte contestación universitaria son as súas primeiras experiencias militantes. En 1972 rematou os estudos e axiña gañaría praza na Universidade. Sindicalmente contribuíu á creación da Federación do Ensino de CCOO. Desde as listas do PCG axudou á elaboración do Estatuto de Autonomía. Tras varias responsabilidades en gobernos do PSOE, ao que logo se afiliaría, en 1998 foi elixido secretario xeral do PSdeG, co que chegaría en 2005 á Presidencia da Xunta.

Comisións Obreiras e a Fundación 10 de Marzo homenaxean a Olga Zurrón, Emilio Pérez Touriño e Aurelio Ledo

xoves 8 de marzo de 2018

Documentos relacionados

Biografías das persoas homenaxeadas [PDF]

Ligazóns de interese relacionadas

Actos de CCOO polo Día da Clase Obreira Galega

Áreas temáticas relacionadas

O teu sindicato - Unións Territoriais - Ferrol - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia