Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

luns 12 de marzo de 2018

CCOO esixe o cumprimento do acordo alcanzado cos grupos municipais para que a ORA e o guindastre sexan de xestión directa

  • O sindicato iniciará mobilizacións se non hai «concreción» canto aos compromisos a que chegaron con CCOO hai case un ano

A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de Galicia esixe o cumprimento do acordo acadado cos grupos municipais do Concello de Santiago hai case un ano para que os servizos da ORA e o guindastre sexan de xestión directa, con garantías sociais. O sindicato pídelles «responsabilidade» aos partidos con representación na corporación local, así como a «concreción» dos compromisos a que chegaron con Comisións Obreiras en abril do 2017.

CCOO reitera que a xestión directa dun servizo que emprega corenta persoas non lle suporá ao Concello un incremento do cadro do persoal, xa que se faría mediante a empresa pública mercantil TUSSA, aspecto que foi determinante para que Comisións dera o seu apoio ao proxecto.

Case un ano despois de que os grupos municipais de CA, BNG, PSOE e PP se comprometeran co sindicato a apoiar unha xestión directa e con garantías sociais, Comisións lamenta que non se desen máis pasos «para clarexar a situación do servizo e despexar as incertezas». O responsable do sector da FSC-CCOO, Marcos Pérez, lembra que corenta familias dependen deste servizo.

Para o voceiro de CCOO, manter os postos de traballo e lograr que a prestación do servizo sexa a cargo da Administración local é «a única fórmula» para ofrecer «un servizo de calidade, con garantías e emprego digno».

CCOO convocará mobilizacións

Once meses despois, CCOO esixe o cumprimento «inmediato» dos compromisos adquiridos, ou convocará o persoal a iniciar mobilizacións en defensa dos seus dereitos e do servizo público.

CCOO esixe o cumprimento do acordo alcanzado cos grupos municipais para que a ORA e o guindastre sexan de xestión directa

luns 12 de marzo de 2018

Áreas temáticas relacionadas

O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia