Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

martes 11 de setembro de 2018

Anular o contrato de cinco corvetas provocará un auténtico drama en Navantia

  • CCOO esíxelle ao Goberno do Estado que confirme se o programa de Arabia Saudita se mantén en pé

CCOO esíxelle ao Goberno do Estado celeridade na procura dunha solución ao conflito que xerou en Navantia. O sindicato pídelle á ministra de Defensa garantías de que se fabricarán nos estaleiros españois as cinco corvetas que encargara Arabia Saudita. Tamén reclama recibir información permanente do que ocorra a partir de agora, con transparencia e sen ambigüidades.

Fotografía de arquivo dunha protesta do persoal de Navantia durante a botadura dun barco

Fotografía de arquivo dunha protesta do persoal de Navantia durante a botadura dun barco

A anulación do contrato de cinco corvetas que Navantia tiña previsto fabricar para Arabia Saudita xeraría, en opinión de CCOO, un auténtico desastre no grupo de construción naval. Tamén poría en serias dificultades as empresas españolas que tentan consolidar a súa presenza no país e introducirse no mercado árabe.

CCOO de Industria teme que o problema prexudique o conxunto do grupo Navantia e que teña consecuencias sobre o emprego. Cre que, de non se despexaren as dúbidas, «o drama será maiúsculo». O sindicato advirte de que centos de miles de traballadores e traballadoras, entre persoal contratado e subcontratado, padecerán as consecuencias. Ademais, lembra que sufrirán o impacto empresas de todo tipo e o conxunto do tecido industrial, económico e laboral de comarcas enteiras polo peso que teñen os estaleiros nas zonas onde están situados.

Se se pon en perigo o contrato, porase en cuestión a supervivencia de Navantia. Por iso, CCOO de Industria reclama ao Goberno que resolva de vez as incertezas.

Anular o contrato de cinco corvetas provocará un auténtico drama en Navantia

martes 11 de setembro de 2018

Áreas temáticas relacionadas

O teu sindicato - Unións Territoriais - Ferrol - Actualidade