Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

venres 14 de setembro de 2018

Ignacio Fernández Toxo disertou en Vigo sobre a historia e os valores das CCOO

  • O ex-secretario xeral confederal de CCOO criticou as políticas neoliberais

O ex-secretario confederal de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, interveu esta mañá como relator na xornada organizada en Vigo sobre a historia e os valores das Comisións Obreiras. A actividade tivo lugar no Hotel Coia e a presentación correu a cargo de Amelia Pérez Álvarez, secretaria comarcal de CCOO.

Un momento da intervención de Ignacio Fernández Toxo

Un momento da intervención de Ignacio Fernández Toxo

Esta xornada serviu para pór de actualidade os valores fundacionais do sindicato, plenamente vixentes hoxe en día. Como lembra o propio Toxo no libro colectivo Una vida en defensa de los trabajadores, «educámonos nun sindicalismo aberto e flexible pero cuxo norte non é outro que a defensa irrenunciable dos dereitos dos traballadores e traballadoras. Uns dereitos que son substancia da cidadanía moderna ou, o que é o mesmo, substancia da civilización».

Durante a súa intervención en Vigo, Toxo foi moi crítico co sistema económico neoliberal e cos recortes acometidos para combater a crise. Na súa opinión, amais de empobrecer a sociedade, as políticas de austeridade foron o «caldo de cultivo para o auxe da extrema dereita en Europa».

Ignacio Fernández Toxo disertou en Vigo sobre a historia e os valores das CCOO

venres 14 de setembro de 2018

Áreas temáticas relacionadas

O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade