Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a Comisións Obreiras

xoves 11 de outubro de 2018

CCOO homenaxeará o día 18 as vítimas do franquismo

  • Acto civil no cemiterio de Sestás (A Guarda) e charla-coloquio no Centro Cultural

Un ano máis, o sindicato comarcal da Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Vigo homenaxeará no cemiterio de Sestás (A Guarda) as vítimas do franquismo, especialmente as que foron condenadas a traballos forzados no campo de concentración de Camposancos. Para facilitar a participación, ás 16 horas partirá un autobús desde a sede comarcal, no número 11 da rúa das Teixugueiras. Para facer uso deste medio de transporte cómpre comunicalo previamente no sindicato.

Cartel anunciador dos actos

Cartel anunciador dos actos

A homenaxe comezará ás 17:30 horas diante da foxa común de Sestás. Xa ás 19 horas, o profesor Xesús Alonso Montero ofrecerá unha charla-coloquio no Centro Cultural da Guarda baixo o título «Camposancos: historia dun campo de concentración».

CCOO homenaxeará o día 18 as vítimas do franquismo

xoves 11 de outubro de 2018

Áreas temáticas relacionadas

O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade
O teu sindicato - Federacións Nacionais - Pensionistas e Xubilados - Actualidade