Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

xoves 8 de novembro de 2018

CCOO esixe reparacións no Hospital Psiquiátrico de Conxo ante as novas inundacións

  • O sindicato pediu en numerosas ocasións que se acometesen obras de mantemento neste centro

A Federación de Sanidade de CCOO en Santiago de Compostela esixe reparacións no Hospital Psiquiátrico de Conxo, que esta semana sufriu novas inundacións. Segundo o sindicato, as chuvias destes días afectaron especialmente a unidade somática do centro e provocaron que se anegara a zona de acceso ao comedor de pacientes.

CCOO denuncia o estado do Hospital Psiquiátrico de Conxo e esixe obras de mantemento

CCOO denuncia o estado do Hospital Psiquiátrico de Conxo e esixe obras de mantemento

CCOO-Sanidade xa pediu en numerosas ocasións que se acometesen obras de mantemento neste centro, onde «o abandono é evidente» pola ausencia de tarefas de mantemento. Isto, sumado ás chuvias, acelera a deterioración do edificio.

Por último, desde CCOO lamentan que non se aproveitase o verán para proceder á reparación do teito, xa que a situación «non é descoñecida, as filtracións acontecen todos os anos nas mesmas datas». O sindicato urxe a que se solucionen as eivas e lembra que no centro hai moitos doentes con limitacións de mobilidade que os obriga a utilizaren cadeiras de rodas e andadores.

CCOO esixe reparacións no Hospital Psiquiátrico de Conxo ante as novas inundacións

xoves 8 de novembro de 2018

Áreas temáticas relacionadas

O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade