Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Defende os teus dereitos. Afíliate a CCOO!

xoves 14 de marzo de 2019

CCOO amosa a súa preocupación pola incerteza do persoal do centro de día de Foz respecto do seu futuro

  • O sindicato critica que as traballadoras e traballadores aínda non teñan noticias, malia o «inminente» traslado a unhas novas instalacións e, ademais, unha nova entidade vaise facer cargo da concesión

Comisións Obreiras (CCOO) amosa a súa preocupación pola situación de incerteza laboral que está a vivir todo o persoal da residencia e centro de día de Foz, xestionado na actualidade pola a Asociación Edad Dorada Mensajeros de la Paz. O sindicato fai público o seu malestar cos actuais xestores, tanto pola falta de información sobre o traslado das instalacións, como sobre a subrogación do persoal tras gañar outra entidade o concurso público.

Canto ao traslado, o único que se sabe é que vai ser «inminente», xa que o próximo día 19 haberá unha xornada de portas abertas. Porén, o persoal carece de información ao respecto, malia que haberá que elaborar un plan de actuación para facer o traslado das persoas residentes e dos materiais.

Sobre a situación laboral tras o cambio de entidade concesionaria, CCOO critica a «falta de claridade» da dirección ante o peche das antigas instalacións e a finalización da prestación de servizos, pois que Mensajeros de la Paz aínda non comunicou os seus plans.

Actitude «irresponsable»

CCOO entende que esta actitude é unha «irresponsabilidade» porque se incumpren os prazos legais de comunicación previa, tanto aos traballadores e traballadoras como á súa representación legal, por posible causa de subrogación, mobilidade xeográfica por traslado a outro centro de traballo ou por despedimento.

CCOO amosa a súa preocupación pola incerteza do persoal do centro de día de Foz respecto do seu futuro

xoves 14 de marzo de 2019

Áreas temáticas relacionadas

O teu sindicato - Unións Territoriais - A Mariña - Actualidade