Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

luns 6 de maio de 2019

Renda 2018: desgrava na túa declaración da renda a cota de afiliación a CCOO

  • Desgravar a cota implica un notable aforro na súa contía

A túa cota de afiliación a Comisións Obreiras é un gasto que podes deducir na declaración anual da renda, tal como marca a lei do IRPF. Isto pode supor, segundo os casos, un notable aforro na cota.

Desgravar a cota pode supor un importante aforro

Desgravar a cota pode supor un importante aforro

En cumprimento da Lei de protección de datos (LOPD), o importe da cota non aparece por defecto no borrador que che remite a Axencia Tributaria, senón que debes indicala no espazo reservado a «cotas satisfeitas a sindicatos» (casa 014 do modelo oficial do IRPF). Os xustificantes son os mesmos recibos bancarios ou de nómina que xa tes.

Para calquera dúbida ou consulta, ponte en contacto connosco nos nosos locais.

Renda 2018: desgrava na túa declaración da renda a cota de afiliación a CCOO

luns 6 de maio de 2019

Ligazóns de interese relacionadas

Consulta cal é o teu local de CCOO máis próximo