Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#QueNonChaXoguen co salario mínimo

venres 6 de setembro de 2019

O Consello comarcal de CCOO de Ferrol elixe a Santiago Díaz como novo secretario xeral

  • O novo responsable comarcal leva máis de trinta anos afiliado ao sindicato e procede do sector bancario

O Consello comarcal de CCOO de Ferrol elixiu hoxe por unanimidade a Santiago Díaz Gómez como secretario xeral. O novo responsable leva máis de trinta anos afiliado ao sindicato e procede do sector financeiro. Substitúe no cargo a Auri Vázquez, que en 2012 se converteu na primeira muller en acceder á Secretaría Xeral comarcal.

Santiago Díaz, secretario xeral comarcal de CCOO de Ferrol

Santiago Díaz, secretario xeral comarcal de CCOO de Ferrol

O secretario xeral de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento, que estivo presente, deulle os parabéns a Díaz ante esta nova etapa. Así mesmo, agradeceulle a Auri Vázquez, tamén presente, o seu compromiso coa organización.

Santiago Díaz comezou a súa intervención perante os membros do Consello comarcal reivindicando a traxectoria de loita sindical de CCOO, desde a clandestinidade ata agora. Antes, contra unha ditadura feroz; agora, contra un «capitalismo voraz».

O novo secretario xeral comarcal situou entre os principais retos achegar a mocidade ao sindicato, tanto para a mellor defensa dos seus dereitos como para a necesaria renovación xeracional. «Cómpre xente nova con forzas renovadas e ideas novas», sintetizou.

Asume o cargo nun momento «complicado» polas incertezas que pairan sobre os sectores industriais. Con todo, traballará para reforzar a proximidade do sindicato coa poboación e facer da Unión Comarcal de CCOO de Ferrol «unha referencia para a clase traballadora e un punto de encontro».

O Consello comarcal de CCOO de Ferrol elixe a Santiago Díaz como novo secretario xeral

venres 6 de setembro de 2019

Áreas temáticas relacionadas

O teu sindicato - Unións Territoriais - Ferrol - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros