domingo 15 de decembro de 2019
mércores 18 de setembro de 2019
Continúan as actividades para procurar unha saída laboral ás beneficiarias do proxecto Galitex
Cara á finalización do proxecto, intensifícanse as actuacións para mellorar a empregabilidade das beneficiarias de Galitex, proxecto para a reinserción laboral de persoas en situación de desemprego no sector da confección de prendas de vestir.
Xornada do pasado venres en Ordes
O pasado venres, día 13, tivo lugar un encontro na praza de abastos do Concello de Ordes, no que se puido coñecer de primeira man a experiencia persoal e profesional de dúas cociñeiras de recoñecido prestixio, Lucía Freiras (A Tafona) e Megu Ramil (A Casa dos Xacobes).
No mesmo lugar, os días 19 e 20 de setembro desenvolveranse dúas xornadas de fomento do emprendemento. Comezarán cunha charla de Ángela Valdenebro, cofundadora de Thunders Love, unha empresa de deseño e comercialización de calcetíns. Tamén haberá un obradoiro para a identificación de ideas con potencial de emprendemento, outros para a maduración das ideas identificadas previamente, a presentación do mapa de posibles axudas ao emprendemento e diversas sesións individuais de titorización.
Continúan as actividades para procurar unha saída laboral ás beneficiarias do proxecto Galitex
Áreas temáticas relacionadas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade
X
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar su navegación. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su aceptación y nuestra politica de cookies, haga click aqui para más información y ver cómo desactivarlas.