Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Defende os teus dereitos. Afíliate a CCOO!

venres 11 de outubro de 2019

CCOO lembrou o 10 de outubro o 80.º aniversario da «Porta do Inferno»: o campo de concentración de Camposancos

  • Estiveron presentes os secretarios xerais de CCOO de Galicia e Asturias, Ramón Sarmiento e José Manuel Zapico

Este ano conmemórase o 80.º aniversario do campo de concentración de Camposancos, na Guarda. O xoves, 10 de outubro, o Sindicato Comarcal de Pensionistas de CCOO de Vigo renderá alí a homenaxe anual ás vítimas da represión franquista. Con reserva previa, Comisións puxo un autobús a disposición das persoas interesadas para facilitar a participación. No acto estiveron presentes os secretarios xerais de CCOO de Galicia e Asturias, Ramón Sarmiento e José Manuel Zapico.

Un momento do acto de homenaxe no cemiterio de Sestás (A Guarda)

Un momento do acto de homenaxe no cemiterio de Sestás (A Guarda)

Durante a ditadura franquista, Galicia chegou a contar con once campos de concentración polos que pasaron máis de trinta mil persoas. O de Camposancos era coñecido como a «Porta do Inferno» porque alí estaba instalado un tribunal militar que ditou 225 penas de morte, das que se executaron polo menos 151, se ben foron moitas máis persoas as que morreron 'paseadas' ou polas doenzas contraídas debido ás insalubres condicións.

No muro do campo, detrás do antigo cemiterio de Sestás, hai unha foxa común na que están soterradas 49 vítimas orixinarias de Galicia, pero tamén de Asturias, Castela e León, País Vasco, Cantabria, Cataluña e País Valenciano. Persoas, salienta CCOO, que «loitaron polos ideais dunha República, da liberdade e da democracia, naquelas longas noites de pedra».

CCOO lembrou o 10 de outubro o 80.º aniversario da «Porta do Inferno»: o campo de concentración de Camposancos

venres 11 de outubro de 2019

Documentos relacionados

Programa [PDF]

Ligazóns de interese relacionadas

Galería de imaxes

Áreas temáticas relacionadas

O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade
O teu sindicato - Federacións Nacionais - Pensionistas e Xubilados - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros