Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Defende os teus dereitos. Afíliate a CCOO!

martes 8 de outubro de 2019

CCOO e UGT dirixen ao Parlamento unha proposta de declaración institucional en defensa do sistema público de pensións

  • O texto destaca a importancia das pensións públicas como «principal instrumento do benestar e a protección social» e lembra que a cuarta parte da poboación galega é xa pensionista

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) e a Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT) dirixen ao Parlamento galego unha proposta de declaración institucional en defensa do sistema público de pensións. Tras os contactos mantidos a semana pasada, os sindicatos fixéronlles chegar aos cinco grupos parlamentarios unha proposta de texto para a súa aprobación. Cómpre lembrar que as declaracións institucionais requiren da unanimidade de todos os grupos para saíren adiante.

A cuarta parte da poboación galega cobra unha pensión

A cuarta parte da poboación galega cobra unha pensión

O documento presentado polos sindicatos destaca o sistema público de pensións como o «principal instrumento do benestar e a protección social». En primeiro lugar, porque dá cobertura, fundamentalmente, ás persoas maiores, aínda que tamén protexe outras continxencias como a incapacidade, a viuvez e a orfandade. En todos os casos, protexe persoas que «dificilmente teñen alternativas de ingresos» diferentes á pensión; son, polo tanto, persoas «vulnerables» que teñen no sistema público de pensións «a garantía de ingresos para levar unha vida digna».

En segundo lugar, porque «ningún outro sistema de protección dá cobertura a un número tan elevado de persoas, para o que dispón dun orzamento moi superior ao resto de instrumentos de protección social», sinala o borrador de declaración.

En Galicia hai 339.459 mulleres e 338.767 homes pensionistas nas diferentes modalidades e réximes. Sumadas, son 678.226 persoas , unha cifra que, comparada coa poboación total de Galicia, evidencia a súa «extraordinaria relevancia»: o 25 % dos 2,7 millóns de persoas que viven no noso país son pensionistas.

O texto abunda en que a importancia desta ferramenta será maior no futuro, ligado co alongamento da esperanza de vida. Por esta razón, asúmese que a defensa do sistema público de pensións ten que ser unha «prioridade absoluta para a sociedade galega, coas súas institucións á fronte».


 

CCOO e UGT dirixen ao Parlamento unha proposta de declaración institucional en defensa do sistema público de pensións

martes 8 de outubro de 2019

Documentos relacionados

Proposta de declaración institucional remitida por CCOO e UGT [PDF]

Áreas temáticas relacionadas

O teu sindicato - Federacións Nacionais - Pensionistas e Xubilados - Actualidade
Áreas - Institucional - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros