Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Defende os teus dereitos. Afíliate a CCOO!

venres 8 de novembro de 2019

Presentación en Santiago de Compostela dun documental sobre o Servizo Universitario de Traballo

  • O mércores, 13 de novembro, ás 18:30 horas, no salón de actos do Consello da Cultura Galega

A Fundación 10 de Marzo e o Consello da Cultura Galega presentan o próximo mércores, día 13 de novembro, ás 18:30 horas, o documental Transición silenciada: Historia do Servizo Universitario de Traballo (1950-1969). Posteriormente, haberá un coloquio en que participarán Álvaro G. Aguilar, Xoán Anllo e Emilio Criado, da Asociación de Amigos do SUT; Ricardo Gurriarán, da Fundación 10 de Marzo; e Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega.

Campaña de educación popular do SUT en Ourense (1964)

Campaña de educación popular do SUT en Ourense (1964)

Servizo Universitario de Traballo

Máis de catorce mil estudantes procedentes de todos os distritos universitarios coñeceron a realidade do mundo obreiro, do campesiñado e das barriadas de chabolas a través das actividades do Servizo Universitario de Traballo (SUT).

A iniciativa, lanzada polo xesuíta José María de Llanos e logo tutelada polo Sindicato Español Universitario (SEU), desenvolveuse a través de máis de cincocentos campos de traballo —repartidos por todos os sectores de actividade e provincias—, nove campañas de educación popular nas comarcas con maiores niveis de analfabetismo e a actuación asistencial e educativa á poboación emigrante que, en condicións infrahumanas, vivía nos suburbios da maioría das cidades españolas.

Desde a Fundación 10 de Marzo salientan que esta experiencia marcou a moitos dos participantes, mormente procedentes de familias conservadoras que máis tarde se incorporaron á loita antifranquista.

O SUT en Galicia

En Galicia realizáronse cincuenta campos de traballo en moi diversos sectores: pesca, industria conserveira, química, cerámica, estaleiros e dúas campañas de educación popular —Ourense e Pontevedra en 1964 e Lugo en 1966—. En Santiago de Compostela, os estudantes desenvolveron actividades de atención sanitaria, educativa e de construción en barriadas como Conxo, O Castiñeiriño ou A Choupana.

Presentación en Santiago de Compostela dun documental sobre o Servizo Universitario de Traballo

venres 8 de novembro de 2019

Áreas temáticas relacionadas

O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros