Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

xoves 28 de novembro de 2019

CCOO celebra o «histórico» concurso de traslados, froito da concertación social sobre emprego público

  • Comisións salienta que as 1914 prazas ofertadas desmenten as críticas dalgún sindicato que axitaba o temor a que a funcionarización lle restase posibilidades de mobilidade ao persoal funcionario

O sector da Administración autonómica de Comisións Obreiras de Galicia celebra o «histórico» concurso de traslados que pon en marcha a Xunta. CCOO lembra que esta medida chega como consecuencia da concertación social sobre o emprego público. Ademais, salienta que as 1914 prazas ofertadas desmenten as críticas dalgún sindicato que axitaba o temor a que a funcionarización lle restase posibilidades de mobilidade ao persoal funcionario.

Os acordos asinados por CCOO permiten seguir a recuperar dereitos no sector público

Os acordos asinados por CCOO permiten seguir a recuperar dereitos no sector público

Segundo datos oficiais, este concurso de traslados é o maior da historia, un 46 % superior ás 1300 prazas ofertadas no 2015. O concurso afecta a cinco grupos da Administración xeral: corpo superior (A1), de xestión (A2), de administrativos (C1), auxiliar (C2) e agrupación profesional (antigo subalterno).

Comisións destaca que este concurso favorece a mobilidade e o achegamento, ampliará as opcións de conciliación da vida laboral e familiar, e suporá tamén unha mellora económica horizontal pois fará posible acceder a niveis de responsabilidade económica superior.

Ademais, CCOO lembra que o sistema permite que as persoas beneficiarias desta mobilidade voluntaria sexan o dobre, ao se sumaren tamén as prazas que vaian deixando vacantes os traballadores ou traballadoras que accedan aos novos destinos ofertados na convocatoria.

CCOO celebra o «histórico» concurso de traslados, froito da concertación social sobre emprego público

xoves 28 de novembro de 2019

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros