Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

martes 14 de xaneiro de 2020

O comité de Alcoa-San Cibrao urxe o Goberno a aprobar «decontado» o estatuto das industrias electrointensivas

Este luns, o comité de empresa de Alcoa-San Cibrao reuniuse co presidente de Alcoa-España, Álvaro Dorado, quen informou das previsións da empresa para o ano 2020. O directivo comunicoulles que os resultados da poxa eléctrica sitúan a planta da Mariña nunha situación máis complicada ca o ano pasado e unhas perdas superiores aos oitenta millóns de euros.

Concentración do persoal de Alcoa o pasado decembro diante da Subdelegación do Goberno en Lugo

Concentración do persoal de Alcoa o pasado decembro diante da Subdelegación do Goberno en Lugo

Neste contexto, o presidente do comité, José Antonio Zan (CCOO), urxe o novo Goberno de España a aprobar «decontado» o estatuto das empresas electrointensivas, xa que co actual custo da electricidade «é imposible que poidamos competir».

Actualmente, o custo da electricidade representa o 45 % dos custos desta planta e están un 70 % por riba dos principais competidores (Francia e Alemaña).

O vindeiro 22 de xaneiro terá lugar en Madrid unha manifestación do persoal das industrias electrointensivas para urxir o Goberno a aprobar canto antes o estatuto. Para o día seguinte está prevista a reunión da mesa cuatripartita para garantir o futuro de Alcoa-San Cibrao.

O comité de Alcoa-San Cibrao urxe o Goberno a aprobar «decontado» o estatuto das industrias electrointensivas

martes 14 de xaneiro de 2020

Áreas temáticas relacionadas

O teu sindicato - Unións Territoriais - A Mariña - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Igualdade
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros