Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Actuar é esencial - Afíliate a CCOO!

xoves 6 de agosto de 2020

Os servizos xurídicos de CCOO volven conseguir que se respecten os dereitos das traballadoras e traballadores

  • Os servizos xurídicos de CCOO volven conseguir que se respecten os dereitos das traballadoras e traballadores

A xustiza dálle a razón a CCOO

A xustiza dálle a razón a CCOO

Dúas importantes sentenzas dos xulgados do social de Vigo e Lugo amosan o compromiso deste sindicato coa clase traballadora
06-8-2020.- O Xulgado do Social de Vigo dálle a razón aos servizos xurídicos do sindicato e recoñece o dereito á pensión de viuvez, con carácter vitalicio, dunha vítima da violencia de xénero, logo de que lle fora denegada polo INSS. Cómpre sinalar a importancia desta resolución estimatoria pola protección que supón a un colectivo especialmente vulnerable que, nalgúns casos, vese na obriga de batallar contra a Administración en varias frontes xudiciais para poder ver recoñecido o seu dereito.
Por outro lado, o Xulgado do Social número 3 de Lugo dálle a razón a letrada de CCOO na súa demanda por despido NULO e vulneración de dereitos fundamentais contra a ONCE, polo despedimiento dunha traballadora afiliada a CCOO e delegada sindical. A sentenza condena á ONCE a readmitila e indemnizala por vulnerar o recollido no artigo 28.1 da C.E.
Non é a primeira vez que a nosa representación sindical se ve sancionada por defender os dereitos dos seus compañeiros e compañeiras.
En CCOO non cesaremos no noso empeño de protexer os intereses das persoas traballadoras deste país.


 

Os servizos xurídicos de CCOO volven conseguir que se respecten os dereitos das traballadoras e traballadores

xoves 6 de agosto de 2020

Documentos relacionados

Nota de prensa

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinete de Igualdade
  • Gabinete de Saúde Laboral (2019)
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros