Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Actuar é esencial - Afíliate a CCOO!

luns 7 de setembro de 2020

CCOO valora positivamente a creación cunha Consellaría de Emprego, pero serían necesarios máis cambios no ámbito da xestión económica

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia valora positivamente a creación cunha Consellaría de Emprego, «pero serían necesarios máis cambios no ámbito da xestión económica da Xunta», sinala o secretario xeral, Ramón Sarmiento.

Sede da Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela | Foto: Google Street View

Sede da Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela | Foto: Google Street View

Segundo Sarmiento, «non agardábamos unha gran revolución en la arquitectura» do Goberno galego, e apunta a que «de pouco vale que muden as caras se a 'música' que tocan segue sendo a mesma».

Malia os cambios, o secretario xeral de CCOO coida que o equipo de Feijóo segue a dar mostras de ser un «Executivo pouco dialogante» nalgúns ámbitos. Deste xeito, aínda que a criticada conselleira de Educación foi relevada das súas responsabilidades entre críticas á falta de interlocución dos sindicatos, «continúa habendo conselleiros que deberían facer unha profunda reflexión».

Diálogo

Por último, o secretario xeral de CCOO valora positivamente os chamamentos á apertura do diálogo realizados polo presidente Feijóo, porque «cómpre que escoiten o que temos que dicir» os axentes sociais. «A maioría absoluta non debe impedir que este Goberno teña as orellas grandes e escoite moito, porque Galicia ten urxentes retos por diante», apunta Sarmiento.

 

CCOO valora positivamente a creación cunha Consellaría de Emprego, pero serían necesarios máis cambios no ámbito da xestión económica

luns 7 de setembro de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Institucional - Actualidade