Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Actuar é esencial - Afíliate a CCOO!

martes 8 de setembro de 2020

As confederacións de ANPAS e as asociacións estudantís apoian a folga dos días 10 e 16 de setembro

As dúas confederacións de asociacións de pais e nais do ensino público, ANPAS Galegas e CONFAPA, xunto coas asociacións estudantís Anega e Erguer, presentaron o luns un manifesto de apoio á folga convocada para os días 10 e 16 de setembro. As organizacións esixen un ensino presencial e con seguridade.

A secretaria xeral de CCOO-Ensino, Luz López (ao fondo), acudiu á lectura do manifesto

A secretaria xeral de CCOO-Ensino, Luz López (ao fondo), acudiu á lectura do manifesto

No manifesto inciden en que o ensino público galego «non pode parar por unha crise sanitaria tan duradeira como a que estamos vivindo», polo que se terá que «readaptar, reorganizar, adquirir outras competencias e deseñar doutro xeito».

Todo isto, «favorecendo a presencialidade nas aulas, que é tanto como favorecer a equidade e a inclusión das nenas e nenos galegos». Con todo, matizan que non se poderá facer á custa «da saúde da sociedade, nin da seguridade das súas crianzas. As familias galegas esiximos un ensino público de calidade e seguro para as nosas fillas e fillos, ese é o noso dereito e a nosa demanda».

As confederacións de ANPAS e as asociacións estudantís apoian a folga dos días 10 e 16 de setembro

martes 8 de setembro de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade