Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Actuar é esencial - Afíliate a CCOO!

venres 27 de novembro de 2020

Axudas para o emprego autónomo, pemes, micropemes e hostalaría

Recollemos nesta nota informativa tanto as axudas do plan de rescate para as persoas traballadoras autónomas, como as recentemente publicadas axudas para as persoas autónomas con persoal a cargo, para as pemes e micropemes, así como para a hostalaría. Para facilitar a comprensión, xúntase tamén un cadro resumo das axudas, todas elas compatibles entre si.

Hai axudas específicas para sectores cuxa actividade estivese especialmente paralizada

Hai axudas específicas para sectores cuxa actividade estivese especialmente paralizada

Rescate persoas autónomas

As axudas publicadas ao abeiro do plan de rescate para as persoas traballadoras autónomas consisten en dúas liñas diferentes, unha para persoas autónomas dadas de alta no RETA ou réxime especial do mar e outras para persoas autónomas encadradas nun sector cunha actividade que estivera especial­mente paralizada.

Plan hostalaría

Estas axudas diríxense a persoas autónomas con ou sen persoal contratado, as microempresas e as pemes que pertenzan ao sector da hostalería (incluíndo hoteis, hostais, casas rurais e outros aloxamentos).

Plan de mantemento do emprego para persoas traballadoras autónomas con persoal, microempresas e pemes

Estas axudas destínanse a persoas autónomas con persoal contratado e as microempresas de calquera sector. Tamén hai unha axuda específica para as pemes encadradas nun sector cuxa actividade estivera especialmente paralizada.

Prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes para todas as axudas é dun mes desde o día seguinte ao da publi­cación da respectiva orde no Diario Oficial de Galicia.

Presentación de solicitudes
Obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible como anexo I na sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal.

+ Máis información nos documentos anexos a esta folla informativa.

Axudas para o emprego autónomo, pemes, micropemes e hostalaría

venres 27 de novembro de 2020

Ligazóns de interese relacionadas

Cadro comparativo de todas estas axudas [PDF]
Plan de rescate para as persoas traballadoras autónomas [PDF]
Axudas do Plan da hostalaría [PDF]
Axudas persoas autónomas con persoal, microempresas e pemes [PDF]

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Emprego e Formación - Autoemprego - Novas