Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a Comisións Obreiras
O seguimento da folga foi masivo

CCOO celebra o 30.º aniversario da folga xeral de 1988 contra a reforma laboral de González

  • O éxito da mobilización obrigou o Goberno español a retirar o seu proxecto e a incrementar o gasto social
14.12.2018.

A celebrada o 14 de decembro de 1988 foi a terceira folga xeral convocada na democracia, a segunda contra o Goberno de Felipe González. Aquel 14-D, CCOO e UGT convocaron a folga xeral para rexeitar a reforma laboral impulsada polo Executivo socialista. O seguimento foi masivo en toda España, tamén en Galicia, con grande implicación da xuventude, principal damnificada. Aquela reforma abarataba o despedimento e introducía os contratos temporais para a mocidade —no marco dun plan de emprego xuvenil—, respondendo unicamente aos intereses da patronal.

CCOO volveu gañar as eleccións sindicais

CCOO volve gañar as eleccións sindicais nos Servizos Centrais da Xunta de Galicia

  • Comisións mantense como primeira forza sindical entre o persoal laboral de San Caetano
13.12.2018.

Comisións Obreiras (CCOO) volveu gañar as eleccións sindicais nos Servizos Centrais da Xunta de Galicia. Tras as votacións de hoxe, nas que participou máis da metade do persoal, CCOO mantense como primeira forza sindical entre o persoal laboral de San Caetano.

A Orde foi publicada no DOG do mércores 12 de decembro de 2018

Primeira convocatoria pública para o 2019 do procedemento de acreditación de competencias adquiridas a través da experiencia laboral

13.12.2018.

A Xunta de Galicia realiza a primeira convocatoria pública para o ano 2019 do procedemento de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

CCOO pídelle á Xunta modificar a Lei de inclusión e a RISGA, e reprocha que se está a vulnerar o disposto no texto legal

  • O sindicato, que no seu día asinou o pacto do que xorde a norma, defende cambiala para que cumpra os obxectivos cos que foi deseñada
11.12.2018.
CCOO lamenta que o decreto que desenvolve a lei teña catro anos de atraso

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CCOO) pídelle á Xunta modificar a Lei de inclusión de Galicia para que cumpra os obxectivos cos que foi deseñada. Así mesmo, pide cambios na renda de inserción social (RISGA) para aumentar o número de persoas que poidan percibir esta prestación. Así o fixo constar CCOO na xuntanza deste martes do Consello Galego de Benestar Social.

CCOO insta a Xunta a tomar medidas tras a suba do paro rexistrado por cuarto mes consecutivo

  • O sindicato coida «inaceptable» que o Goberno galego non modifique os orzamentos nin actúe contra a precariedade e a rotación laboral
04.12.2018.
Maica Bouza, secretaria de Emprego de CCOO

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) insta a Xunta a tomar medidas tras a suba do paro rexistrado por cuarto mes consecutivo. O sindicato coida «inaceptable» que o Goberno galego non actúe contra a precariedade nin a rotación laboral, máis aínda cando Galicia continúa con peores datos ca a media do Estado, onde o desemprego descendeu lixeiramente.

CCOO esixe emprego digno para todas as persoas, sexan cales foren as súas capacidades

  • O sindicato chama a atención sobre a «especial vulnerabilidade» dos traballadores e traballadoras con discapacidade no mercado laboral
03.12.2018.
O sindicato chama a atención sobre a «especial vulnerabilidade» no mercado laboral

No Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se conmemora este luns, 3 de decembro, CCOO reclama emprego digno para todas as persoas, independentemente das súas capacidades. Ao tempo, chama a atención sobre a «especial vulnerabilidade» das traballadoras e traballadores con discapacidade no mercado laboral, que teñen maiores dificultades para atopar emprego e sofren en maior medida a precariedade. No caso das mulleres con discapacidade, a esta precariedade súmase a discriminación por razón de xénero.

CCOO afirma que as conquistas do convenio de elaborados do mar «demostran a eficacia da loita obreira»

  • Recóllese incremento salarial nos catro anos de vixencia do convenio, amais de melloras laborais e sociais
30.11.2018.
A folga foi determinante para as conquistas laborais no sector de elaborados do mar

Tras moitos meses de conflito, esta semana asinouse o novo convenio colectivo do sector de elaborados do mar, de ámbito estatal, se ben o 80 % do emprego está en Galicia e desempeñado fundamentalmente por mulleres. Segundo CCOO, as conquistas conseguidas «demostran a eficacia da loita obreira». Coa súa constancia, e especialmente coa convocatoria de folga, as traballadoras conseguiron desbloquear unhas negociacións «difíciles» e que a patronal emendara os seus postulados.

CCOO de Asturias, Castela e León e Galicia piden ás administracións a convocatoria «urxente» dun cumio con sindicatos e patronais

  • O obxectivo é analizar as necesidades de infraestruturas, a planificación estratéxica de futuro e ampliar a planificación común de aspectos vinculados á estratexia industrial e política enerxética
26.11.2018.
Ramón Sarmiento (dereita), secretario xeral de CCOO, xunto aos seus homólogos

Comisións Obreiras (CCOO) de Asturias, Castela e León e Galicia piden ás administracións a convocatoria «urxente» dun cumio do noroeste peninsular, no marco da macrorrexión europea, con participación de sindicatos e patronais, para analizar as necesidades de infraestruturas, a planificación estratéxica de futuro e ampliar a planificación común de aspectos relativos a estratexia industrial e política enerxética. Así o anunciaron este luns dirixentes das tres organizacións tras a reunión mantida na localidade berciana de Ponferrada.

CCOO defende unha carreira para todas e para todos

O TSXG admite a trámite a demanda de CCOO contra a carreira profesional do Sergas

  • O sindicato afirma que discrimina a metade do persoal e agarda que o alto tribunal «permita facer xustiza»
14.12.2018.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) admitiu a trámite a demanda da Federación de Sanidade de CCOO sobre a carreira profesional do Sergas, asinada por CIG, CEMS, CSI-F e SATSE. CCOO decidiu recorrer á Xustiza porque ese pacto só beneficiará a pouco máis da metade dos traballadores e traballadoras, pois exclúe parte do persoal fixo e todo o eventual.

Na fotografía, manifestación o pasado mes de novembro contra o peche de Alcoa-A Coruña

Alcoa-San Cibrao únese á folga do día 19

  • Haberá unha manifestación desde Ribadeo (Galicia) e Castropol (Asturias) que rematará na localidade asturiana da Veiga
13.12.2018.

Case por unanimidade, o persoal de Alcoa-San Cibrao aprobou hoxe sumarse á folga convocada para o vindeiro mércores, 19 de decembro. Con este xesto solidarízanse coas reivindicacións dos compañeiros e compañeiras das factorías da Coruña e de Avilés, cuxas plantas están ameazadas de peche.

CCOO solidarízase cos xefes de servizo de atención primaria de Vigo que presentaron a súa dimisión

  • O sindicato pide a recuperación do Plan de mellora da atención primaria, consensuado pola Administración e os axentes sociais hai dez anos e paralizado posteriormente polo PP
11.12.2018.

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia solidarízase cos xefes de servizo e unidade de atención primaria da área sanitaria de Vigo, que, «nun exercicio de dignidade e ética ante a progresiva deterioración» asistencial, presentaron a súa dimisión.

CCOO é o sindicato que máis aumenta en votos e representación nas eleccións sindicais do ensino

  • Gaña seis delegados e delegadas respecto aos comicios do 2014 e consolídase como segundo sindicato no sector
05.12.2018.
CCOO é o sindicato que máis aumentou en apoio

Comisións Obreiras (CCOO) é o sindicato que máis aumenta en votos e representación nas eleccións sindicais do ensino público non universitario. Respecto dos comicios de hai catro anos, CCOO gaña seis delegados e delegadas e sitúase en 28. Estes resultados consolídano como segundo sindicato no sector.

O convenio único e o plan estratéxico de Navantia despexan o futuro dos estaleiros públicos

05.12.2018.
Fotografía de arquivo dunha protesta do persoal de Navantia durante a botadura dun barco

Os sindicatos CCOO-Industria e UGT-FICA asinaron a acta final da negociación do convenio único de Navantia. Nos vindeiros días, os traballadores e as traballadoras e a propia Administración decidirán se dan o visto e prace. Isto, xunto coa presentación do plan estratéxico 2019-2020, permiten despexar o futuro dos estaleiros públicos.

O Ministerio de Facenda fai público o procedemento para regularizar o IRPF das prestacións de maternidade e paternidade

04.12.2018.
A Axencia Tributaria habilitou un espazo específico para realizar o trámite en liña

O Ministerio de Facenda fixo público esta semana o procedemento para regularizar o IRPF das prestacións de maternidade e paternidade, co obxectivo de cumprir co ditaminado na sentenza do Tribunal Supremo do pasado 3 de outubro.

O persoal da CRTVG intensifica as protestas no medio do silencio informativo sobre a folga

30.11.2018.
Protesta do persoal neste 28.º «venres negro»

O persoal da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) intensifica as protestas. Este é o vixésimo oitavo «venres negro» en que as traballadoras e traballadores dos medios públicos autonómicos protestan contra a manipulación informativa e a precariedade laboral. Fano nun contexto especial, logo de cinco días de paros parciais que tiveron un seguimento medio do 80% e dentro do silencio informativo sobre esta folga.

CCOO asina o convenio colectivo do comercio vario da provincia da Coruña

  • Máis de 15.000 traballadores e traballadoras terán beneficios económicos e laborais grazas ao novo marco colectivo
30.11.2018.
CCOO asinou o novo convenio

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia asinou o convenio colectivo do sector do comercio vario da provincia da Coruña. Grazas ao novo marco, máis de 15.000 traballadores e traballadoras terán beneficios económicos e laborais. Dentro ámbito forman parte o comercio téxtil, pel, material de construción, pinturas e vernices, material eléctrico e electrónico, ópticas, reloxaría, xoiaría, automóvil, ferretarías ou cadeas multiprezos. A vixencia do novo convenio será para os anos 2016-2019, con cláusula de ultraactividade e prórroga no caso de que ningunha das partes o denuncie.

CCOO-Servizos volve gañar as eleccións sindicais no sector do aforro

  • Revalida a súa condición de sindicato máis representativo nas antigas caixas
29.11.2018.
CCOO gañou as eleccións sindicais nas antigas caixas de aforro

A Federación de Servizos de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO-Servizos) volveu gañar as eleccións sindicais no sector do aforro, onde Abanca, Bankia e Caixabank son as entidades máis representativas, con máis de 4500 traballadores e traballadoras. Dos 161 delegados e delegadas que se elixiron, CCOO conseguiu 49, que supoñen o 30,43 % do total.

#AlcoaNonSePecha
#AlcoaNonSePecha
Asinado o acordo de homologación salarial docente
Asinado o acordo de homologación salarial docente
Convenio digno para o comercio vario
Convenio digno para o comercio vario
Mobilizacións en que participou CCOO nos últimos catro anos
Mobilizacións en que participou CCOO nos últimos catro anos
  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia
  • Atlantis Seguros
  • Atlantis Seguros