Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

xoves 9 de novembro de 2017

Melloramos o sindicato para sermos máis útiles á clase traballadora

  • O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia prepara unha Conferencia Congresual de Organización para o 19 de decembro

Durante os meses de xuño e xullo, as persoas que integran a Comisión Executiva Nacional elixida no 11.º Congreso realizaron un proceso de asembleas xerais abertas. Nestes encontros cos delegados e delegadas e o conxunto da afiliación, púxose de manifesto que no seo do sindicato hai unha clara demanda de cambio. Recollendo o sentir das bases, a Comisión Executiva Nacional de CCOO de Galicia elaborou un conxunto de propostas para responder ás demandas de cambio organizativo.

Publicación informativa sobre a Conferencia Congresual de Organización

Publicación informativa sobre a Conferencia Congresual de Organización

Trátase de novas propostas vinculadas a obxectivos compartidos como son o crecemento da afiliación, a anticipación da mellora na resposta electoral e unha actitude á ofensiva das Comisións Obreiras na defensa dos interese da clase traballadora galega.

A proposta será sometida a debate e posterior aprobación na Conferencia Congresual de Organización que se celebrará o vindeiro 19 de decembro en Santiago de Compostela. Neste marco, 150 delegados e delegadas traballaremos en plenario a formulación do cambio da organización en Galicia.

Melloramos o sindicato para sermos máis útiles á clase traballadora

xoves 9 de novembro de 2017

Ligazóns de interese relacionadas

Máis información sobre a Conferencia Congresual de Organización

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade