Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO!

venres 6 de abril de 2018

CCOO recoñece cos Premios Primeiro de Maio a asociación Bicos de Papel e o sindicalista José Cameselle

  • As invitacións para acudir ao acto deberanse retirar na Unión Comarcal de Vigo antes do vindeiro 27 de abril, data en que terá lugar a entrega dos galardóns

A Unión Comarcal de CCOO de Vigo entregará o vindeiro 27 de abril os Premios Primeiro de Maio ao Compromiso Social e á Solidariedade, que este ano se outorgarán á asociación Bicos de Papel e, a título póstumo, ao sindicalista José Cameselle. Estes premios recoñecen a traxectoria laboral, persoal e social de diferentes persoas e colectivos. Os galardóns entregaranse nun acto que comezará ás 20 h no Auditorio Mar de Vigo. Debido á limitada capacidade, cómpre retirar con antelación unha invitación na sede da Unión Comarcal.

CCOO homenaxea a Bicos de Papel e a José Cameselle

CCOO homenaxea a Bicos de Papel e a José Cameselle

Bicos de Papel

Bicos de Papel é unha asociación sen ánimo lucrativo que axuda a nenos e nenas oncolóxicos e as súas familias dende o momento da diagnose. Teñen como obxectivo dar apoio nun longo proceso en que todo cambia para as familias e os meniños e meniñas afectadas: ciclos de medicación, horas e horas de hospital e un longo e difícil camiño.

José Cameselle

José Cameselle Romero (Vigo, 1950-2013) comezou a traballar con só once anos no estaleiro Barreras. En 1966 ingresou nas Comisións Xuvenís —impulsadas por CCOO— e axiña se situou na primeira liña do combate sindical. O seu compromiso levouno a padecer a represión e o cárcere, pero non deixou de loitar. Durante moitos anos foi secretario comarcal do metal en Vigo e, desde 2004 ata o 2012, secretario xeral da Unión Comarcal de CCOO de Vigo.

CCOO recoñece cos Premios Primeiro de Maio a asociación Bicos de Papel e o sindicalista José Cameselle

venres 6 de abril de 2018

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade