Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Primeiro de Maio - #TempoDeGañar

sábado 28 de abril de 2018

CCOO recoñeceu cos Premios Primeiro de Maio a asociación Bicos de Papel e o sindicalista José Cameselle

A Unión Comarcal de CCOO de Vigo entregou o venres, día 27, os Premios Primeiro de Maio ao Compromiso Social e á Solidariedade, que este ano se outorgararon á asociación Bicos de Papel e, a título póstumo, ao sindicalista José Cameselle. Estes premios recoñecen a traxectoria laboral, persoal e social de diferentes persoas e colectivos. A entrega dos galardóns tivo lugar no auditorio Mar de Vigo.

Á esq., vista parcial do público; á der., a secretaria comarcal de CCOO, Amelia Pérez

Á esq., vista parcial do público; á der., a secretaria comarcal de CCOO, Amelia Pérez

Bicos de Papel

Bicos de Papel é unha asociación sen ánimo lucrativo que axuda a nenos e nenas oncolóxicos e as súas familias dende o momento da diagnose. Teñen como obxectivo dar apoio nun longo proceso en que todo cambia para as familias e os meniños e meniñas afectadas: ciclos de medicación, horas e horas de hospital e un longo e difícil camiño.

José Cameselle

José Cameselle Romero (Vigo, 1950-2013) comezou a traballar con só once anos no estaleiro Barreras. En 1966 ingresou nas Comisións Xuvenís —impulsadas por CCOO— e axiña se situou na primeira liña do combate sindical. O seu compromiso levouno a padecer a represión e o cárcere, pero non deixou de loitar. Durante moitos anos foi secretario comarcal do metal en Vigo e, desde 2004 ata o 2012, secretario xeral da Unión Comarcal de CCOO de Vigo.

CCOO recoñeceu cos Premios Primeiro de Maio a asociación Bicos de Papel e o sindicalista José Cameselle

sábado 28 de abril de 2018

Ligazóns de interese relacionadas

Galería de imaxes

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade