Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO!

xoves 12 de abril de 2018

CCOO insta a Xunta a abordar as «eivas» no sistema de atención á dependencia

  • O sindicato fíxolle chegar ao conselleiro de Política Social unha copia do estudo presentado o pasado luns, no que Comisións analiza a situación do SAAD en Galicia

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia solicítalle á Xunta a constitución dunha comisión de seguimento da lei de dependencia ou, se non, a convocatoria do Consello Galego de Benestar Social para tratar esta cuestión. O sindicato presentou o pasado luns un estudo en que constata «eivas» no sistema de atención á dependencia en Galicia, boa parte delas motivadas por un financiamento «insuficiente».

O sindicato remitiulle ao conselleiro Rey Varela unha copia do traballo presentado o pasado luns

O sindicato remitiulle ao conselleiro Rey Varela unha copia do traballo presentado o pasado luns

Precisamente, xunto con esta petición, CCOO fíxolle chegar ao conselleiro unha copia do documento Balance dependencia 2017. Seguimento da implantación do SAAD en Galicia. Neste exhaustivo traballo, o sindicato conclúe que cómpre facer un seguimento específico do grao de implantación do sistema no noso país, tanto desde a perspectiva dos servizos, como do emprego ou das persoas usuarias.

Transcorrida máis dunha década desde a implantación da lei de dependencia, a secretaria de Emprego e Previsión Social de CCOO de Galicia, Maica Bouza, considera que «aínda que quedan moitos retos por afrontar». Entre eles, o das listaxes de espera: a día de hoxe, case doce mil dependentes aínda non percibiron a prestación que teñen recoñecida, o que supón o 17,6 % do total.

CCOO insta a Xunta a abordar as «eivas» no sistema de atención á dependencia

xoves 12 de abril de 2018

Ligazóns de interese relacionadas

Balance dependencia 2017 [PDF]

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Sociopolítica - Política social - Actualidade
Información - Novas