Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO!

mércores 11 de abril de 2018

CCOO gaña as eleccións sindicais no servizo de axuda a domicilio de Frades e Ordes

A Federación de Construción e Servizos gañou as elecciósn sindicais no servizo de axuda a domicilio da mancomunidade dos concellos de Frades e Ordes, actualmente adxudicado á contrata Aralia Servicios Sociosanitarios.

CCOO convértese nun referente para a defensa das condicións de traballo no sector

CCOO convértese nun referente para a defensa das condicións de traballo no sector

Por vez primeira, CCOO consegue representación e, ademais, faino coas tres delegadas que correspondían. O servizo está formado por trinta e cinco traballadoras. CCOO salienta a elevada participación, xa que votou o 92 % do censo.

Por último, Construción e Servizos agradece o labor das súas novas delegadas e o apoio do persoal de Alaria tanto á candidatura presentada como ao propio sindicato, que se converte no referente para a defensa dos dereitos laborais no sector da axuda a domicilio.

CCOO gaña as eleccións sindicais no servizo de axuda a domicilio de Frades e Ordes

mércores 11 de abril de 2018

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Eleccións Sindicais - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade