Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO!

luns 16 de abril de 2018

Milleiros de persoas saíron ás rúas para esixir traballo e pensións dignas

  • Concentracións e manifestacións na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Foz, Ourense, O Barco, Vilagarcía, O Grove, Pontevedra e Vigo

Milleiros de persoas saíron o domingo ás rúas xunto a CCOO e UGT para esixir traballo e pensións dignas. Estas mobilizacións deron continuidade á campaña desenvolvida desde o pasado mes de setembro a prol do traballo e das pensións dignas. Ademais, CCOO e UGT situarán estas reivindicacións como un dos eixes do próximo Primeiro de Maio.

Cabeceira da manifestación de Vigo, onde participou o secretario xeral de CCOO de Galicia

Cabeceira da manifestación de Vigo, onde participou o secretario xeral de CCOO de Galicia

Para ambos os sindicatos, as medidas adoptadas polo Executivo nos Orzamentos Xerais do Estado (OXE) nesta materia son «parciais e insuficientes»: non van solucionar o problema presente e futuro das pensións.

Desde a reforma das pensións do ano 2013, as persoas pensionistas perden poder adquisitivo e ven como o Goberno saca diñeiro do peto das pensións mentres rescata autoestradas. A propia OCDE afirma que a revalorización mínima das pensións debe ser a dos prezos, que xa é superior ao 1,6 %; porén, decidiuse subilas un 0,25 %, unha media de 1,6 euros ao mes.

As medidas previstas nos orzamentos estatais son «curtopracistas, discriminatorias e electoralistas, moi afastadas do que propuxemos CCOO e UGT», denuncian os sindicatos. Reivindican que os OXE inclúan a revalorización das pensións en base ao IPC, a revisión das fontes de financiamento do sistema e a fin do déficit da Seguridade Social. Deberan tamén prever a eliminación dos copagamentos farmacéuticos e refrotar o sistema de protección por desemprego.

A sociedade está farta de escoitar que o sistema de pensións non é viable. España destina ás pensións, na actualidade, entre 3 e 4 puntos menos do PIB que Italia, Francia ou Alemaña; polo tanto, hai marxe. O sistema público de pensións constitúese como un sistema solidario e como principal fonte do estado de benestar; está baseado na solidariedade de toda a sociedade e o problema das pensións non é de diñeiro, senón de falta de vontade política do Goberno e dos partidos que aproben finalmente os OXE.

O problema de ingresos hai que acometelo quitándolle á Seguridade Social gastos que non lle corresponden, como os da súa propia estrutura, que deben ir a conta dos OXE. CCOO e UGT insisten en que non se pode seguir xogando coas pensións. Se o país xera riqueza hai que repartila. Hai que lembrar que na actualidade, en Galicia, a pensión media non supera os 788,49 euros (918 euros no Estado) e que o 64 % das pensións galegas (o 50 % das estatais) non chegan ao SMI.

 

Milleiros de persoas saíron ás rúas para esixir traballo e pensións dignas

luns 16 de abril de 2018

Ligazóns de interese relacionadas

Galería de imaxes

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Federacións Nacionais - Pensionistas e Xubilados - Actualidade