Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Primeiro de Maio - #TempoDeGañar

luns 7 de maio de 2018

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia mobilízase o 8 de maio contra a LOMCE e os recortes

  • Os orzamentos estatais do 2018 propoñen destinar á educación só o 3,8 % do PIB, niveis similares aos de hai máis dun cuarto de século

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, integrada por CCOO-Ensino, FESP-UGT, CONFAPA, Sindicato de Estudantes, IESGA e Escola Viva, convida a toda a comunidade educativa a secundar as mobilizacións previstas para o vindeiro 8 de maio contra a LOMCE e os recortes.

Cartel das mobilizacións

Cartel das mobilizacións

Desde a Plataforma lembran que os orzamentos estatais do 2018 propoñen destinar a educación só o 3,8 % do PIB, niveis similares aos de 1992, hai xa máis dun cuarto de século. Para as organizacións que a integran, trátase dun recorte que prexudicará «brutalmente» a escola pública.

Horarios

— Ourense, 19:30 horas, diante da Subdelegación do Goberno

— Pontevedra, 19:30 horas, na praza da Peregrina

— Vigo, 19:30 horas, na Porta do Sol (xunta o Sireno)

— A Coruña, 20:00 horas, diante da Delegación do Goberno

— Monforte de Lemos, 20:30 horas, na praza de España

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia mobilízase o 8 de maio contra a LOMCE e os recortes

luns 7 de maio de 2018

Documentos relacionados

Comunicado da plataforma [PDF]

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ourense Valdeorras - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Lugo - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Pontevedra - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade