Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Primeiro de Maio - #TempoDeGañar

xoves 14 de xuño de 2018

O Congreso extraordinario da Unión Comarcal de CCOO de Arousa terá lugar o 27 de xullo

O Congreso Extraordinario da Unión Comarcal de CCOO de Arousa terá lugar o día 27 de xullo de 2018 e rexerase polas normas congresuais do 11.º Congreso Confederal aprobadas o 11 de xullo de 2016 e as do 11.º Congreso do S. N. de CCOO de Galicia, aprobadas polo Consello Nacional o 30 de setembro de 2016, ademais de polo anexo organizativo que se xunta ao final desta nota informativa.

Congreso extraordinario da Unión Comarcal de CCOO de Arousa

Congreso extraordinario da Unión Comarcal de CCOO de Arousa

O número de delegados e delegadas será de 25, tomando como base a media de cotizacións dos últimos catro anos (2014-2017). Corresponderá elixir 24 ás distintas organizacións de rama, e 1 será nato, que corresponderá á Comisión Xestora da Unión Comarcal.

As 24 persoas delegadas e delegados elixiranse proporcionalmente por todas e cada unha das organizacións de rama: Construción e Servizos, Ensino, Industria, Sanidade, Servizos e Servizos á Cidadanía, que deberán realizar as súas asembleas congresuais dentro do calendario que recolle este anexo. A Federación de Pensionistas e Xubilados estará representada na mesma porcentaxe que tivo para o 8.º Congreso da Unión (8,69 %).

O Congreso extraordinario da Unión Comarcal de CCOO de Arousa terá lugar o 27 de xullo

xoves 14 de xuño de 2018

Ligazóns de interese relacionadas

Anexo organizativo para o Congreso Extraordinario da Unión Comarcal de CCOO de Arousa

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Arousa - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia