Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

xoves 28 de xuño de 2018

CCOO critica o 'peche' das bases de medios aéreos da Xunta, que permaneceron sen helicóptero todo o mes de xuño

  • O sindicato pide reverter estes recursos ao servizo público e que as bases helitransportadas volvan funcionar con propio da Consellaría do Medio Rural

O sector da Administración autonómica de CCOO de Galicia critica a ausencia de helicópteros nas bases de medios aéreos da Xunta de Galicia durante todo o mes de xuño, o que equivale na práctica ao seu peche. Mentres están nesta situación as bases helitransportadas de Marroxo (na provincia de Lugo), Vilamaior (Ourense) e O Campiño (Pontevedra), o operativo de medios aéreos está en mans dunha empresa privada.

CCOO pide que as bases helitransportadas sexan xestionadas directamente polo servizo público

CCOO pide que as bases helitransportadas sexan xestionadas directamente polo servizo público

Ante este «malgasto» de diñeiro público en favor de empresas privadas como Natutecnia, CCOO insiste en pedir a reversión destes recursos ao Servizo Público de Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF), que as bases helitransportadas volvan funcionar con persoal propio da Consellaría do Medio Rural e que aumente a duración dos contratos do persoal descontinuo que actualmente é contratado por tres e nove meses.

O privado sae máis caro

Desde CCOO aseguran que esta situación é contraditoria coa «propaganda» da Xunta, que constantemente afirma loitar contra as duplicidades na Administración pública: manter pechadas as bases propias —con profesionais de experiencia contrastada— mentres están operativas as da empresa privada Natutecnia.

O sector da autonómica de CCOO afirma que, neste caso, «o privado sae máis caro e ofrece un peor servizo». Como exemplo, desde Comisións citan o aumento orzamentario a favor da empresa privada tras incorporarse á base de Toén (Ourense) un helicóptero Súper Puma adxudicado á UTE Babcock-Natutecnia, con dezaseis bombeiros helitransportados desta empresa.

CCOO critica o 'peche' das bases de medios aéreos da Xunta, que permaneceron sen helicóptero todo o mes de xuño

xoves 28 de xuño de 2018

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ourense Valdeorras - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Lugo - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Pontevedra - Actualidade