Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

xoves 5 de xullo de 2018

O Supremo dálle a razón a CCOO e considera accidente laboral o desprendemento de retina dunha funcionaria

O Tribunal Supremo deulle a razón a Comisións Obreiras (CCOO) e considera accidente laboral o desprendemento de retina sufrido por unha funcionaria da Seguridade Social en Ourense durante a súa xornada de traballo. Os feitos remóntanse ao 2014, cando a traballadora comezou a sentir alteracións visuais mentres traballaba no ordenador.

Tras unha primeira curación, os feitos acabaron provocando a incapacidade laboral da traballadora

Tras unha primeira curación, os feitos acabaron provocando a incapacidade laboral da traballadora

A funcionaria foi atendida en urxencias e causou baixa médica. Pola súa parte, o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) considerou que se trataba dunha patoloxía derivada de enfermidade común. A afectada recorreu ao Xulgado do Social n.º 3 de Ourense, que estimou as súas pretensións e considerou que se trataba dun accidente laboral. Porén, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) aceptou o recurso do INSS e rectificou a sentenza inicial, indicando que a causa laboral non estaba acreditada.

Comisións Obreiras recorreu perante o Supremo, que revoga a decisión do TSXG e confirma a de instancia. O alto tribunal acepta os argumentos de CCOO e considera que a lesión súbita aparece en lugar e tempo de traballo, polo que debe de entrar en xogo a presunción de laboralidade establecida legalmente.

CCOO quere chamar a atención de que estes feitos, sucedidos hai catro anos, e tras unha primeira curación, desembocaron en posteriores lesións oculares que ocasionaron finalmente a incapacidade da funcionaria.

Comisións lembra a todas as traballadoras e traballadores que que todos os sucesos que ocorran no lugar e tempo de traballo deben ser considerados como accidente laboral, e que lesións que aparentemente non teñen transcendencia, poden acabar sendo incapacitantes.

Por último, CCOO insta as Administracións públicas a que sexan máis dilixentes á hora de velaren pola saúde laboral dos seus propios profesionais e maior axilidade e obxectividade en recoñecer as situacións de risco ou vulnerabilidade.

O Supremo dálle a razón a CCOO e considera accidente laboral o desprendemento de retina dunha funcionaria

xoves 5 de xullo de 2018

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Saúde Laboral - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ourense Valdeorras - Actualidade