Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

xoves 5 de xullo de 2018

CCOO organizou unha xornada sobre o desenvolvemento rural en Galicia

  • Contou coa participación dos grupos parlamentarios do BNG, PSdeG e En Marea, así como responsables de UUAA e SLG

A Federación de Industria de CCOO organizou hoxe en Santiago de Compostela unha xornada de formación sobre o Programa de desenvolvemento rural de Galicia. A actividade contou coa participación de Olalla Rodil, José Antonio Quiroga e Antón Sánchez, membros dos grupos parlamentarios do BNG, PSdeG e En Marea, respectivamente. A Xunta de Galicia, que tamén estaba convidada, finalmente declinou a súa participación. Participaron, así mesmo, Óscar Pose e Isabel Vilalba, de UUAA e SLG.

Intervención do secretario xeral de CCOO na presentación da xornada

Intervención do secretario xeral de CCOO na presentación da xornada

Na xornada tamén se debateron as principais cnclusións do informe «El Programa de Desarrollo Rural de Galicia, Principales líneas y Medidas de actuación, Grado de ejecución, Instrumentos para su desarrollo, Gobernanza del mismo y objetivos periodo 2017-2020», elaborado polo departamento de estratexia industrial de CCOO-Industria estatal.

Conclusións

Entre as principais conclusións, cabe salientar a coincidencia de adoptar a política agraria común (PAC) dunha visión integral que teña en conta os produtores, os consumidores, os traballadores do sector e o conxunto da cadea de valor. Tamén se considerou imprescindible fixar xa unha posición común diante do proxecto de PAC 2021-2017.

A participación, tanto das organizacións agrarias como dos sindicatos de clase, debe ser efectiva, abandonando a política de xestión unileteral, tanto da Xunta como da anterior Administración central. A Xunta de Galicia debe ter unha participación da man das organizacións representativas, que debe dar resposta á necesidade de relevo xeneracional, modernización das explotacións e axudas aos produtores —especialmente aqueles que o fan desde áreas de alto valor engadido.

Das reflexións que se compartiron evidénciase a necesidade de adoptar unha reformulación da ordenación do territorio na nosa comunidade que prime o desenvolvemento supramunicipal, tanto no que se refire ao sector agrario como ao desenvolvemento en medios rurais.
 

CCOO organizou unha xornada sobre o desenvolvemento rural en Galicia

xoves 5 de xullo de 2018

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade