Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

venres 13 de xullo de 2018

CCOO, CIG e UGT pechan cun acordo unánime o ERE en Adolfo Domínguez

  • Reduciuse case á metade o número de despedimentos previstos e melloraron substancialmente as condicións de saída

Os sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), CIG e UGT pecharon cun acordo unánime o expediente de regulación de emprego (ERE) en Adolfo Domínguez. A comisión negociadora,constituída o pasado 6 de xuño, chegou esta mesma semana ao devandito acordo, que reduce case á metade o número de expedientes previstos respecto da proposta inicial da empresa téxtil.

Tenda e concentración fronte a Adolfo Domínguez | Foto: Arquivo de CCOO

Tenda e concentración fronte a Adolfo Domínguez | Foto: Arquivo de CCOO

A pretensión de Adolfo Domínguez era rescindir 110 contratos, dos cales 70 serían en tendas de todo o Estado e 40 dos servizos centrais de Ourense. As indemnizacións serían de vinte días por cada ano traballado, cun máximo de doce mensualidades.

As negociacións duraron máis dun mes e o acordo demorou porque non foi ata os últimos días que a Dirección da empresa accedeu a facilitar os datos necesarios para avaliar sobre que cantidades económicas e postos se pretendía negociar.

A comisión negociadora traballou co obxectivo de manter o máximo emprego posible e, cun labor tenda por tenda, para substituír emprego precario e temporal por emprego fixo. Tamén se barallaron alternativas, como os traslados de persoal entre distintos centros de traballo, para minimizar o impacto dos despedimentos e reducir a amortización de postos.

Precisamente, canto ao persoal recolocado, a empresa garante que seguirá a cobrar o mesmo, incluso nos casos en que na tenda de destino realice unha xornada inferior. Iso si, sempre que a diferenza de xornada non supere o 20 %.

Menos despedimentos e mellores indemnizacións

Froito deste labor, conseguiuse reducir de 110 a 56 o número de despedimentos. Destes, 38 serán en tendas e 18 en servizos centrais. Ademais de rebaixar á metade o impacto no emprego, tamén se conseguiu mellorar as condicións de saída, con indemnizacións de trinta días por ano de servizo e un máximo de dezaoito mensualidades.

No marco deste acordo, constitúese unha comisión de seguimento. Así mesmo, a empresa comprométese a non presentar ningunha outra medida de despedimento colectivo no prazo de dous anos a contar a partir do vindeiro 31 de decembro.

CCOO, CIG e UGT pechan cun acordo unánime o ERE en Adolfo Domínguez

venres 13 de xullo de 2018

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Áreas - Emprego e Formación - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ourense Valdeorras - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia