Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

venres 27 de xullo de 2018

Aplicación da sentenza do Tribunal Constitucional no subsidio para maiores de 55 anos

A sentenza do Tribunal Constitucional (STC) 61/2018, do 7 de xuño, declara inconstitucional a modificación dos requisitos de carencia de rendas para o acceso ao subsidio de desemprego de maiores de 55 anos, considerando as rendas familiares.

Aplicación da sentenza do Tribunal Constitucional no subsidio para maiores de 55 anos

Aplicación da sentenza do Tribunal Constitucional no subsidio para maiores de 55 anos

Na parte dispositiva da sentenza declárase a inconstitucionalidade, por causa de que o Goberno non xustificou suficientemente a urxencia da reforma e, en consecuencia, declara nulo o requisito de acreditar o límite de rendas da unidade familiar (establecido no 75 % do SMI, excluídas as pagas extraordinarias), de modo que tal requisito deixa de ser esixible para as novas solicitudes deste subsidio. Así, desde o 7 de xullo, non computan para estes efectos os ingresos do cónxuxe ou dos fillos menores de 26 anos ou maiores discapacitados ou menores acollidos.

No documento adxunto resúmense as instrucións que o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) ditou para o recoñecemento do subsidio de maiores de 55 anos a partir do 7 de xullo de 2018.

Aplicación da sentenza do Tribunal Constitucional no subsidio para maiores de 55 anos

venres 27 de xullo de 2018

Documentos relacionados

Aplicación da sentenza do Tribunal Constitucional no subsidio para maiores de 55 anos [PDF]

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Sociopolítica - Política social - Actualidade
Información - Novas

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia