Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

venres 27 de xullo de 2018

O incremento das pensións de viuvez ata o 60 % da base reguladora podería beneficiar a 35.000 galegos e galegas

  • As melloras nas contías aplicaranse de oficio a quen sexan pensionistas de viuvez o 1 de agosto e cumpran os requisitos; quen acceda á prestación posteriormente, deberá solicitalo

A Lei de orzamentos xerais do Estado para o 2018 incorporou un incremento das porcentaxes da base reguladora coas que se calculan as pensións de viuvez. A decisión emana do último grande acordo de pensións asinado no marco do diálogo social, coa participación de CCOO, pero a súa entrada en vigor fora suspendida polo Goberno. Esta semana, o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o real decreto que desenvolve esta medida, que beneficiará unhas 500.000 persoas en toda España e unhas 35.000 en Galicia, segundo estimacións de CCOO.

Publicado o real decreto que regula o incremento da base reguladora

Publicado o real decreto que regula o incremento da base reguladora

A partir do 1 de agosto, a porcentaxe da base reguladora coa que se calculan estas prestacións incrementarase desde o 52 % actual ata o 56 %. Xa desde o 1 de xaneiro do 2019, a porcentaxe aumentará ata o 60 % da base reguladora.

Ese incremento da porcentaxe aplicarase nos casos en que a persoa titular da pensión teña unha idade igual ou superior aos 65 anos, non teña dereito a outra pensión pública —española ou estranxeira—, non perciba ingresos pola realización de traballo por conta propia ou allea, non dispoña de rendas de capital mobiliario ou inmobiliario, gañancias patrimoniais ou rendas de actividades económicas que superen os 7346,99 euros anuais no exercicio 2018.

Revisión de oficio

As melloras nas contías destas pensións aplicaranse de oficio a quen sexan pensionistas de viuvez o 1 de agosto e cumpran os requisitos xa indicados. Canto ás pensións con data posterior, a mellora aplicarase logo da solicitude da persoa interesada e mediante a acreditación dos requisitos.


 

O incremento das pensións de viuvez ata o 60 % da base reguladora podería beneficiar a 35.000 galegos e galegas

venres 27 de xullo de 2018

Documentos relacionados

Texto publicado no BOE [PDF]

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Sociopolítica - Política social - Actualidade
Información - Novas

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia