Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

luns 3 de setembro de 2018

CCOO convoca folga nun dos principais provedores de PSA Vigo

  • O sindicato anuncia accións legais por posible vulneración do dereito á folga

O pasado sábado, 1 de setembro, desenvolveuse a primeira das xornadas de folga convocadas por CCOO en Lear Asientos (anteriormente Antolín Asientos), un dos principais provedores de PSA Vigo. Con esta decisión, Comisións pretende que a empresa, situada no polígono vigués de Valadares, respecte os descansos e o dereito á conciliación do persoal.

Lear Asientos é un dos principais provedores de PSA Vigo

Lear Asientos é un dos principais provedores de PSA Vigo

Segundo CCOO, Lear Asientos pretende «descargar no persoal a falta de xestión e organización», obrigando os traballadores e traballadoras a traballar «á carta», sempre ao antollo da empresa. O sindicato denuncia que se impuxeron sancións ás persoas que non traballaron os sábados de xullo que se lles indicaran, incluídas as que tiñan redución de xornada por garda legal.

Outro dos motivos polos que se convoca a folga é o uso abusivo de contratacións mediante empresas de traballo temporal, así como unha elevada eventualidade no cadro de persoal.
Polo momento, CCOO convocou folga todos os sábados, domingos e festivos. Porén, non descarta ampliala aos días de semana ante a intención da empresa de obrigar a traballar ata dez horas todos os días nas quendas de tarde (das 14:00 ás 00:00) e nove horas na de mañá (de 05:00 a 14:00).
 
Accións xudiciais

Finalmente, CCOO anuncia que emprenderá accións xudiciais por entender que no comezo deste paro se vulnerou o dereito fundamental á folga, substituíndo mediante persoal de ETT o que secundou os paros.

CCOO convoca folga nun dos principais provedores de PSA Vigo

luns 3 de setembro de 2018

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia