Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

domingo 2 de setembro de 2018

CCOO prevé mobilizacións no outono para esixir un salario mínimo por convenio de mil euros mensuais

O secretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento, prevé mobilizacións no outono para esixir un salario mínimo por convenio de mil euros mensuais. Así o afirmou esta mañá na entrevista concedida á Radio Galega. Sarmiento apuntou que, a partir de setembro, instará a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), a patronal e as distintas Administracións (incluída a Xunta) a negociar arredor deste obxectivo, recollido no IV Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva asinado o pasado mes de xullo.

Ramón Sarmiento, secretario xeral de CCOO

Ramón Sarmiento, secretario xeral de CCOO

Segundo os cálculos de CCOO, a suba do SMI beneficiaría a uns 280.000 traballadores e traballadoras en Galicia, especialmente nas provincias de Lugo e de Ourense, onde se rexistran os salarios máis baixos.
Canto aos retos sindicais para o próximo ano, Sarmiento situou a necesidade de eliminar a fragmentación da negociación colectiva, xa que o elevado número de convenios colectivos dificulta a mellora das condicións de traballo. Como exemplo puxo o sector do comerio, fragmentado en quince unidades de negociación.

Conflito en Sargadelos

O secretario xeral de CCOO tamén foi preguntado por unha cuestión de actualidade, como é o conflito de Sargadelos, unha empresa emblemática para o noso país. Neste punto, Sarmiento instou a Xunta a actuar e recriminoulle que unicamente estea actuando «de notario» da situación no canto de se implicar. O dirixente sindical tamén reprobou a maneira de actuar do responsable de Sargadelos, e lamentou que a día de hoxe aínda existan empresarios «con formas doutros tempos» e non moi democráticas.

CCOO prevé mobilizacións no outono para esixir un salario mínimo por convenio de mil euros mensuais

domingo 2 de setembro de 2018

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Mariña - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Gabinetes de saúde laboral
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Portal de transparencia