Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

martes 2 de outubro de 2018

Concentración en Arteixo para apoiar o compañeiro despedido por Pescanova

A Federación de Industria de CCOO convocou hoxe unha concentración en Arteixo para apoiar o compañeiro despedido meses atrás pola antiga Bamajar Séptima, empresa do grupo Nueva Pescanova. O sindicato denuncia que este traballador perdeu o posto de traballo tras unha modificación «á carta» dun informe médico. Precisamente, p próximo venres, día 5 de outubro, está fixado o xuízo, no que están acusadas tanto Pescanova como a empresa en que subcontratou o servizo de prevención.

Concentración fronte á empresa

Concentración fronte á empresa

Segundo explica CCOO, o pasado 17 de abril, o traballador despedido estaba convalecente dunha enfermidade. Con todo, foi chamado para pasar un recoñecemento co servizo de prevención de riscos Cualtis, co resultado de «apto, con restricións».

A empresa respondeu indicando que non lle podía adaptar o posto de traballo. Tras isto, dúas semanas despois, o 4 de maio, e sen que o traballador fose novamente citado para avaliar o seu estado de saúde, Cualtis emite un novo informe considerándoo «non apto». Tras isto, sería despedido.

Segundo o informe médico, o traballador non pode manipular cargas superiores aos tres quilos, nin realizar posturas forzadas que involucren a flexión do tronco. Porén, iso non afectaba ao seu desempeño laboral, xa que as súas funcións eran administrativas.

O comité de empresa denuncia a «alianza» entre Pescanova e o servizo de prevención para «tramar o procedemento» que permitiu despedir este traballador. Tamén critica que o dito servizo «nunca interveu ante os riscos de posturas forzadas e manipulación de cargas que deterioran cada día a saúde dos traballadores e traballadoras».

Concentración en Arteixo para apoiar o compañeiro despedido por Pescanova

martes 2 de outubro de 2018

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Áreas - Saúde Laboral - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade