Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

martes 30 de outubro de 2018

CCOO denuncia que a alcaldesa de Melide non respecta os dereitos laborais

  • O sindicato leva catro anos esixindo a apertura dunha mesa xeral de negociación, sen que a anterior rexedora nin a actual atendesen as reivindicacións

Comisións Obreiras (CCOO) denuncia que o Concello de Melide vulnera o dereito á negociación colectiva das súas case oitenta traballadoras e traballadores. Trátase dun «dereito fundamental» recollido tanto na Constitución como na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

Casa do Concello de Melide

Casa do Concello de Melide

O sindicato leva desde o 2014 esixindo a apertura dunha mesa de negociación. Naquel ano presentou un expediente de mediación perante o Consello Galego de Relacións Laborais, cando a rexedora municipal era a hoxe conselleira Ánxeles Vázquez.

CCOO lamenta que nin Vázquez nin García Couso —no cargo desde outubro do 2015— tivesen interese en desbloquear a situación, malia que iso signifique vulnerar o dereito do persoal municipal á negociación colectiva. De feito, o 27 de novembro do 2014 —aínda gobernando Vázquez— anunciouse a convocatoria da dita mesa, pero case catro anos despois «nunca máis se soubo», denuncia o sindicato, que reiterou as peticións nos anos seguintes.

Contratación dunha empresa externa

O último episodio tivo lugar o pasado mes de xuño. Tras as protestas do persoal en maio, o Concello decidiu contratar unha empresa externa para, supostamente, desbloquear e axilizar a situación. Porén, cinco meses despois, «non hai avance ningún nin tampouco reunións cos sindicatos», denuncia CCOO.


 

CCOO denuncia que a alcaldesa de Melide non respecta os dereitos laborais

martes 30 de outubro de 2018

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade