Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

mércores 31 de outubro de 2018

Éxito tamén na segunda xornada de folga de elaborados do mar

  • CCOO denuncia coaccións das empresas e reproba a intervención policial na empresa Cabomar, onde actuou «man con man» coa empresa

A Federación de Industria de CCOO de Galicia cualifica de «éxito» a segunda xornada de folga no sector de elaborados do mar. Trátase dunha «exhibición de forza e de dignidade», malia todas as dificultades. Canto aos incidentes rexistrados, CCOO denuncia coaccións de responsables dalgunhas empresas e, particularmente, reproba a intervención policial na empresa Cabomar, onde actuou «man con man» coa empresa.

Os sindicatos esixen un convenio xusto

Os sindicatos esixen un convenio xusto

Segundo CCOO, en varias empresas os seus reponsables ameazaron co despedimento as persoas que se puxeron en folga. Nalgúns casos chegaron mesmo a ser filmados polo persoal de dirección, «incorrendo nunha ilegalidade», aseveran fontes do sindicato. Noutros centros de traballo entrou a traballar persoal «que non sabemos de onde saíu, porque non son traballadadoras ou traballadores da empresa».

Con todo, máis «grave» foi a actuación da policía na empresa Cabomar, en Marín. Alí, a Policía Nacional chegou «a conducir nos seus propios vehículos os crebafolgas», aseguran desde CCOO-Industria. Ademais, producíronse cargas contra as persoas alí concentradas, nunha actuación que parece «deseñada man con man coa empresa».

CCOO continuará a mobilizarse para esixir un salario mínimo anual de 14.000 euros, como moi tarde, no 2020. Tamén esixe que a pausa do bocadillo compute como tempo efectivamente traballado. Reivindica, así mesmo, que se limite a contratación mediante ETT, entre outras cuestións.

Éxito tamén na segunda xornada de folga de elaborados do mar

mércores 31 de outubro de 2018

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Pontevedra - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Arousa - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade