Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a Comisións Obreiras

martes 4 de decembro de 2018

O Ministerio de Facenda fai público o procedemento para regularizar o IRPF das prestacións de maternidade e paternidade

O Ministerio de Facenda fixo público esta semana o procedemento para regularizar o IRPF das prestacións de maternidade e paternidade, co obxectivo de cumprir co ditaminado na sentenza do Tribunal Supremo do pasado 3 de outubro.

A Axencia Tributaria habilitou un espazo específico para realizar o trámite en liña

A Axencia Tributaria habilitou un espazo específico para realizar o trámite en liña

Ademais de facer público o procedemento, a Axencia Tributaria asume un criterio coincidente co que CCOO defendeu este tempo: os efectos da sentenza, inicialmente previstos só para as prestacións de maternidade, hanse estender tamén ás de paternidade.

As prestacións percibidas durante os anos 2014 e 2015 xa se poden regularizar de xeito telemático desde a tarde do luns na web da Axencia Tributaria, onde hai un espazo específico para realizar este trámite.

Canto ás prestacións percibidas durante os anos 2016 e 2017, poderase solicitar a regularización a partir do mes de xaneiro do 2019 na web da Axencia Tributaria.

Finalmente, as prestacións percibidas ou que se perciban durante este ano 2018 regularizaranse na próxima campaña da renda, de xeito que as persoas contribuíntes só teñan que confeccionar e presentar as súas declaracións utilizando os datos fiscais que se lles ofrezan. Para este efecto, o programa Renta Web incorporará estas prestacións como rendas exentas, polo que as retencións soportadas serán totalmente deducibles.

Nos casos en que as prestacións fosen percibidas en máis dun ano, deberase solicitar a rectificación nas declaracións do IRPF de cada un dos anos.

O Ministerio de Facenda fai público o procedemento para regularizar o IRPF das prestacións de maternidade e paternidade

martes 4 de decembro de 2018

Ligazóns de interese relacionadas

Espazo habilitado pola Axencia Tributaria para realizar o trámite de xeito telemático

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Sociopolítica - Política social - Actualidade
Áreas - Igualdade - Actualidade
Información - Novas