Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a Comisións Obreiras

xoves 20 de decembro de 2018

Comisións Obreiras, «de loito» polas catro mortes producidas en dous afundimentos

Comisións Obreiras, «de loito» polas catro mortes producidas en dous afundimentos. Ambos os sinistros aconteceron nas últimas horas. Primeiro foi o cerqueiro 'Sin Querer Dos' e a pasada madrugada o pesqueiro 'Silvosa'. O sindicato trasmite aos feridos e ás familias das vítimas a súa solidariedade e afecto, ao tempo que pide unha investigación «áxil e rigorosa» que permita determinar as causas e evitar que se produzan novas traxedias.

Barcos de pesca | Foto: pixabay

Barcos de pesca | Foto: pixabay

O sindicato solicitaralle hoxe mesmo ao Instituto Social da Mariña, cuxa executiva provincial se reúne en Vigo, que dea unha «rápida resposta» á atención tanto dos feridos como das familias dos mariñeiros falecidos.
 
Desde o sector do Mar de CCOO agardan que a Comisión de Accidentes e Incidentes Marítimos, dependente do Ministerio de Fomento, se reúna «con urxencia» para investigar o acontecido.

Comisións Obreiras, «de loito» polas catro mortes producidas en dous afundimentos

xoves 20 de decembro de 2018

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Arousa - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade