Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Defende os teus dereitos. Afíliate a CCOO!

venres 22 de febreiro de 2019

CCOO de Galicia cede ao sindicato portugués CGTP-IN a presidencia do CSIr

Na asemblea xeral que tivo lugar o xoves, 21 de febreiro, o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia cedeulle ao sindicato portugués CGTP-IN a presidencia rotatoria do Consello Sindical Interrexional (CSIr) Galicia-Norte de Portugal. Deste xeito, Joaquim Daniel Rodrigues remuda a Ramón Sarmiento á fronte do organismo, do que tamén forman parte UGT-Galicia e UGT-Portugal.

A asemblea xeral tivo lugar en Vila Nova de Cerveira

A asemblea xeral tivo lugar en Vila Nova de Cerveira

Nesta xuntanza, ceebrada na localidade lusa de Vila Nova de Cerveira, foi aprobada tamén a memoria de actividades do ano 2018.

Entre as accións levadas  a cabo, salientan os grupos de traballo organizados coa Inspección de Traballo e a Seguridade Social, tanto en Galicia como en Portugal, para identificar os obstáculos á mobilidade transfronteiriza nestes ámbitos e establecer vías de cooperación.

Tamén se realizaron accións para consolidar a rede de colaboradores Eures-T en oficinas sindicais, para que poidan atender eficazmente as problemáticas laborais; e tivo lugar en Vigo un encontro do sector industrial, para abordar os retos da industria aos dous lados da fronteira.
 

CCOO de Galicia cede ao sindicato portugués CGTP-IN a presidencia do CSIr

venres 22 de febreiro de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Internacional - Actualidade
Información - Novas
Áreas - Institucional - Actualidade