Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Defende os teus dereitos. Afíliate a CCOO!

martes 5 de marzo de 2019

A Consellaría de Economía, Emprego e Industria convoca probas de avaliación de competencias clave

A Consellaría de Economía, Emprego e Industria convoca probas de avaliación de competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.

Competencias clave que se convocan:

1. Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:
• Comunicación en lingua galega
• Comunicación en lingua castelá
• Comunicación en lingua estranxeira (inglés)
• Competencia matemática

2. As competencias clave requiridas para todos os certificados de profesionalidade das 26 familias profesionais do Repertorio nacional de certificados de profesionalidade para os niveis de cualificación 2 e 3 son competencia matemática, comunicación en lingua castelá e comunicación en lingua galega.

A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo de lingua estranxeira e que se especifican no anexo da convocatoria.

O prazo para a presentación de solicitudes é desde o 5 ata o 29 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.
Máis información no DOG Nº 44 DO LUNS, 4 DE MARZO DE 2019 ou na web da Consellaría.

A Consellaría de Economía, Emprego e Industria convoca probas de avaliación de competencias clave

martes 5 de marzo de 2019

Ligazóns de interese relacionadas

Información na web da Consellaría de Economía, Emprego e Industria

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Emprego e Formación - Actualidade
Información - Novas