Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

mércores 8 de maio de 2019

Día Mundial do Bolseiro e da Bolseira: non máis bolsas por traballo!

  • CCOO esíxelle ao novo Goberno español que reforme o sistema de prácticas non laborais

Hoxe celébrase o Día Mundial do Bolseiro e da Bolseira, unha figura que no noso país segue asociándose á precariedade laboral e á imposibilidade de iniciar con garantías un proxecto de vida. As prácticas non laborais constitúen un paso case imprescindible na transición da vida estudantil á de traballador e traballadora adulta. Un paso que ha de ser regulado e dignificado. Para CCOO, as prácticas non laborais caracterízanse pola fraude e a explotación, polo que o próximo Goberno español debe reformalas urxentemente.

Cartel da campaña

Cartel da campaña

Ante a celebración mundial desta efeméride, CCOO asegura que a resignación non é aceptable ante a situación deste colectivo, caracterizada pola precariedade e a falta de garantías. O próximo Goberno debe facerse cargo dos compromisos do plan de emprego novo que, entre outras cuestións, establece a necesidade de reformar o sistema de prácticas non laborais para loitar contra a fraude e a exploración.

Para CCOO, o sistema de prácticas non laborais é caótico e promove a fraude laboral. Ademais, tampouco lles garante dereito ningún ás persoas que realizan prácticas. Unha situación grave en por si, que resulta tráxica cando se constata que os mecanismos para loitar contra esta fraude son moi limitados.

As prácticas non laborais deben ter unha finalidade pedagóxica e formativa. Así, a persoa en formación está na empresa para aprender e/ou observar e non ten obriga de producir como os traballadores. Esas prácticas deben estar integradas nun proxecto pedagóxico e só teñen sentido en relación con ese proxecto.
Ademais, deben ser obxecto dun dobre seguimento co fin de asegurar a adquisición de verdadeiras habilidades e competencias: por un profesor do centro de formación e por un titor na empresa ou entidade onde se desenvolvan as prácticas. Cando rematan, o titor ou titora debe realiza unha avaliación.

A comezos de ano, CCOO presentou a campaña «Non máis bolsas por traballo» para difundir entre os estudantes cales son os dereitos que os amparan á hora de realizaren este tipo de prácticas. Así mesmo, o sindicato ponse á súa disposición para clarexar as dúbidas que puidesen ter.

Día Mundial do Bolseiro e da Bolseira: non máis bolsas por traballo!

mércores 8 de maio de 2019

Ligazóns de interese relacionadas

CCOO inicia unha campaña para informar dos seus dereitos a mocidade que está a ser «explotada» nas prácticas en empresas

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Áreas - Sociopolítica - Xuventude - Actualidade
Información - Novas