Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO

venres 10 de maio de 2019

CCOO gaña as eleccións sindicais en Adolfo Domínguez e na Axencia Tributaria en Ourense

As candidaturas presentadas por Comisións Obreiras (CCOO) gañaron as eleccións sindicais tanto en Adolfo Domínguez como na Axencia Tributaria en Ourense. Fixérono, ademais, de xeito incontestable: a maioría absoluta no primeiro caso e o 40 % da representación sindical no segundo.

CCOO gañou con contundencia as eleccións

CCOO gañou con contundencia as eleccións

En Adolfo Domínguez, CCOO logrou a maioría absoluta da representación, con sete delegados e delegadas de trece posibles (53,85 %). En segundo lugar quedou a UGT (cinco) e a CIG logrou un representante.

Na Axencia Tributaria, CCOO foi o sindicato máis votado, tanto entre o persoal laboral (61,54 % dos sufraxios) como entre o funcionario (33,88 %), o que lle permitiu acadar case a metade da representación. Concretamente, Comisións conseguiu catro delegados e delegadas de dez posibles (40 % da representación), mentres que a CSI-F conseguiu dous (20 %) e un único representante (10 % cada organización) UGT, CIG, GESTHA e SIAT.

CCOO gaña as eleccións sindicais en Adolfo Domínguez e na Axencia Tributaria en Ourense

venres 10 de maio de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Eleccións Sindicais - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ourense Valdeorras - Actualidade